Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.084

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (218/1999).

En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Antonio Torre Bellota, no xuízo verbal de faltas nº 218/1999, que se segue neste xulgado por circular sen seguro obrigatorio, cítese en legal forma a Adolfo Borja Barrul, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día oito de novembro, ás 12.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoo de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito e que deberá acudir cos medios de proba de que interese valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino esta cédula en Ribeira o once de agosto de dous mil.

O secretario

Rubricado