Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.037

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 239/2000, do 13 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en laboratorio de imaxe.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2037/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico en laboratorio de imaxe e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades

profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describe o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presenta non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en laboratorio de imaxe, regulado polo Real decreto 2037/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: laboratorio de imaxe.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de procesado e tratamento de materiais fotosensibles expostos, axustándose a procesos, procedementos e tempos establecidos e ás espe

cificacións do cliente, conseguindo a calidade requirida e actuando en condicións de seguridade.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar correctamente as instruccións, manuais de operación de equipos e máquinas e procesos de revelado, positivado, ampliación e tratamentos de materiais fotográficos; así como as especificacións técnicas dos materiais e productos e en xeral tódolos datos que lle permitan a preparación, posta a punto e desenvolvemento dos procesos.

* Realizar con destreza as operacións de revelado, positivado, ampliación e tratamento do material fotosensible de cor ou branco/negro, de calquera formato, utilizando os equipos e procedementos adecuados, e avalia-lo resultado desa execución para consegui-la calidade establecida.

* Participar nas probas, melloras e ensaios que impliquen un óptimo aproveitamento das instalacións, equipos e materiais.

* Realiza-las operacións de control de calidade do procesado, aplicando os procedementos establecidos.

* Interpreta-la información dos instrumentos de medida e control e intervir sobre os parámetros técnicos para que o procesado se realice dentro das tolerancias admitidas.

* Actuar en todo momento cumprindo as normas de seguridade persoal e ambiental.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico, de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas, consultando esas decisións cando as súas repercusións económicas, estéticas ou de seguridade superen o seu ámbito de responsabilidade.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Responder da correcta preparación, bo funcionamento e posta a punto de máquinas, utensilios e materiais.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso de revelado, positivado, ampliación en branco e negro e cor, por procedementos analóxicos e dixitais.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a diversos postos de traballo dentro do ámbito do procesado e tratamento de material fotosensible e ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas tecnoloxías relacionadas coa súa profesión.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborar na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respecta-lo traballo dos demais, participar activamente na coordinación e desenvolvemento das tarefas colectivas e

cooperar na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou diferente nivel de cualificación.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* A interpretación da documentación e información técnica relacionada co seu traballo e a organización do seu propio traballo.

* Preparación de probas e axuste das máquinas e equipos de revelado de material fotosensible, así como do mantemento de primeiro nivel.

* Elaboración de ampliacións e contactos en branco e negro e en cores nos formatos e cos materiais máis adecuados.

* Aplicación de tratamentos químicos e dixitais.

* Control e corrección das variables do procesado para consegui-la calidade establecida no positivado e o revelado.

2.4. Unidades de competencia:

1. Revelar soportes fotosensibles.

2. Realizar e controla-los procesos de positivado e ampliación en branco e negro e cores.

3. Tratar imaxes fotográficas por procedementos dixitais.

4. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: revelar soportes fotosensibles:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Recepciona-lo material fotosensible e interpreta-la documentación técnica e as indicacións do cliente, ademais de selecciona-lo proceso de revelado máis adecuado ás condicións de calidade esixidas, seguindo os procedementos establecidos.* Identifícanse correctamente as características técnicas do material fotosensible recepcionado especificadas no chasis polo fabricante:-Cores ou branco e negro.-Sensibilidade.-Formato.-Tipo de procesado.-Marca.

* Compróbase o estado físico do material fotosensible recibido, tomando as medidas oportunas para evitar danos na emulsión.

* A interpretación correcta das indicacións do cliente sobre o material recibido permite establece-las modificacións necesarias para obte-lo resultado solicitado:-Aplicación dun proceso distinto ó indicado polo fabricante de material fotosensible.
-Alteración da orde das fases de proceso para aplicar.
-Cambios nos valores dos parámetros utilizados no proceso.-Cambios nas fórmulas de elaboración das dilucións.
* Clasifícase o material fotosensible para revelar segundo o tipo de material (cor ou branco e negro), formato, tipo de proceso, marca e criterios establecidos pola empresa.
* Compróbase que a ficha técnica contén a información necesaria para unha correcta identificación do proceso que se debe seguir.

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónase o proceso de revelado adecuado ó material sensible, tendo en conta as súas características e as especificacións feitas polo cliente, e faise a selección da documentación técnica necesaria para realizalo.

1.2.Prepara-los materiais e as solucións químicas que interveñen no proceso de revelado coas técnicas e medidas de seguridade establecidas.* Identifícanse os productos químicos e útiles necesarios para prepara-las dilucións e os procedementos que se deben seguir.

* Fanse os cálculos necesarios para obte-las dilucións de cada baño segundo as fórmulas do proceso que se deben seguir.

* Axústase a elaboración de cada solución ás fórmulas establecidas, introducindo os cambios convenientes que melloren o resultado final.
* Faise a dilución dos compoñentes de cada solución seguindo os procedementos e determinando os parámetros adecuados (temperatura, secuencia, axitación).
* As medidas de seguridade adoptadas na preparación das solucións son as adecuadas para evitar danos persoais, materiais e ambientais.
* Efectúase a rexeneración dos baños segundo as proporcións establecidas e adecuadas ó número e formato de soportes procesados.
* Prepáranse os materiais (filmes, papel, etc.) tras extraelos do chasis ou protector en condicións de seguridade, evitando a deterioración física ou química na súa manipulación (veladuras, raias, etc.).

1.3.Preparar e programa-las máquinas automáticas ou semiautomáticas de revelado de soportes fotosensibles de cores ou branco e negro, tendo en conta a documentación técnica e os procedementos adecuados a cada procesado.* Axústanse, móntanse e adáptanse os elementos necesarios para configura-la máquina para o proceso que hai que realizar.

* Aliméntase adecuadamente a máquina coas solucións químicas e o material fotosensible para revelar.

* Nas operacións de revelado, manipúlase o material fotosensible tomando as medidas oportunas que eviten contaminación nos baños e deterioración física ou química do material fotosensible.

* Prográmase a máquina de acordo coas súas características e co proceso que se debe realizar:-Introducindo o programa informático correspondente.-Introducindo os parámetros técnicos de tempo e temperatura do proceso para realizar.
* Verifícase que os instrumentos de medida e control funcionan correctamente.
* Verifícase que os valores dos parámetros de temperatura, velocidade, tempo e presión son os establecidos, e efectúanse os axustes necesarios.
* Faise a limpeza e a almacenaxe dos distintos equipos e útiles (tanques, bobinas, etc.) seguindo as condicións de hixiene e seguridade adecuadas.
* Prepárase o soporte para procesar pegando un filme a outros, para efectua-lo revelado dos que teñen as mesmas características, e enrólanse nas bobinas de procesado.

1.4.Controla-la calidade do revelado, utilizando os procedementos establecidos e resolvendo as posibles anomalías.* Compróbase o correcto estado dos baños que van intervir no proceso de revelado, aplicando a técnica adecuada.

* O revelado das tiras de control efectúase coa frecuencia e as condicións establecidas para garanti-la calidade do proceso.

* A medición da densidade das tiras de control, mediante a técnica correspondente e o trazado da curva e a súa comparación coa curva patrón, permite coñece-las condicións das solucións reveladoras, detectar ou descartar fallos e aplica-las medidas correctoras adecuadas en caso de desviacións.
* O control do proceso de revelado, seguindo os procedementos establecidos e tendo en conta as marxes de tolerancia, permite determina-los posibles fallos ou desviacións:-Dos parámetros técnicos (tempo, temperatura, etc.).-Dos sistemas de transporte do material en proceso.-Do volume dos baños.-Do sistema electrónico da máquina.
* Ante anomalías detectadas no proceso que non é posible solucionar, infórmase o xefe de laboratorio e solicítase apoio técnico.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízanse os procesos de intensificación e reducción dos negativos co fin de corrixir defectos de subrevelado ou subexposición e sobre-revelado ou sobre-exposición.
* A análise do material revelado de acordo coas condicións de iluminación e observación establecidas permite comproba-la súa calidade e avalia-la causa de posibles fallos ou deterioracións.
* Infórmase o responsable e o cliente dos posibles fallos ou deteriacións, polo procedemento establecido.

1.5.Realizar e controla-lo proceso de revelado de soportes fotográficos utilizando a documentación técnica, os equipos e materiais adecuados, en condicións de seguridade.* Compróbase que os parámetros técnicos utilizados están dentro dos límites establecidos.

* Fanse as operacións de revelado coas condicións de seguridade e hixiene establecidas.

* Realízanse as fases de procesado (revelado, paro, fixado, acondicionado, etc.) segundo parámetros establecidos (tempo, secuencia, temperatura).

* Agrúpase, envólvese e clasifícase o material revelado, segundo o procedemento establecido para a súa entrega ó cliente.

1.6.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel das máquinas de revelado.* Efectúase a limpeza das máquinas e útiles coa periodicidade e técnicas establecidas e en condicións de seguridade e hixiene, controlando o consumo de auga e productos químicos.
* Realízase o cambio dos elementos substituíbles das máquinas seguindo os manuais técnicos, instruccións das empresas e normas de seguridade.
* Lévanse a cabo con periodicidade os controis e revisións, de acordo coas especificacións establecidas.

1.7.Controla-la almacenaxe de materiais e útiles, mantendo a súa adecuada conservación e localización.* O control dos mínimos de stocks de elementos de recambios, materiais e útiles, así como o seu estado de conservación, localización e orde están actualizados.
* Obsérvanse as normas de seguridade persoal e ambiental durante as operacións de almacenaxe.
* Realízase a almacenaxe do material nas condicións que garanten a súa perfecta conservación, con criterios de caducidade e orde de consumo.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Procesadoras de película. Procesadoras de papel. Densitómetros. Instrumentos de control de tempo, temperatura e densidade, etc. Tanques de revelado. Útiles de medida. Tesoiras. Cizalla. Equipo de empaquetado de película. Pinzas.

-Materiais e productos intermedios:

Productos químicos de revelado dos distintos procesos. Tiras de probas e de control. Película de cor ou branco e negro de tódolos formatos. Papel fotográfico de cores, branco e negro, distintos formatos.

-Principais resultados do traballo:

Material fotosensible revelado (negativo cor ou branco e negro, diapositivas). Tiras de probas e curvas sensitométricas. Pedidos de materiais correctamente especificados.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos: revelado de película de branco e negro, revelado de película reversible en cores ou branco e negro, revelado de película negativa en cores. Revelado de papel en cores ou branco e negro.

Procedementos: manual, automático ou semiautomático.

-Información:

Manuais técnicos das máquinas. Información técnica dos productos químicos. Especificacións de soportes fotosensibles. Instruccións sobre os controis de calidade. Instruccións verbais ou escritas do xefe de laboratorio (orde de producción, fichas técnicas). Indicacións do cliente.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realizar e controla-los procesos de positivado e ampliación en branco e negro e cores:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Recepcionar, clasifica-lo material fotosensible para positivar e/ou ampliar, interpreta-la información e as indicacións do cliente e planifica-lo traballo, optimizando tempos e recursos.* Rexístrase correctamente o material para ampliar e/ou positivar, identificando o tipo de material (negativo/positivo, papel/película, cores/branco e negro), o formato e o seu estado.

* Interprétanse as indicacións dadas polo cliente sobre o producto que se desexa obter.

* Identifícase o proceso e os procedementos que se deben seguir para obte-lo resultado previsto.

* Compróbase que a ficha técnica conteña a información necesaria para unha correcta identificación das características dos positivos e ampliacións (formato, ampliación).

2.2.Preparar materiais, equipos e útiles necesarios co fin de realiza-lo positivado e/ou ampliación, seguindo os criterios establecidos.* Identifícanse correctamente os equipos e útiles adecuados, en función do tipo e formato do material para positivar ou ampliar.

* Prepáranse os equipos, adaptando os elementos necesarios para configura-lo equipo ó traballo que hai que realizar.

* Verifícase que os aparellos e útiles de medida e control funcionen correctamente.
* Disponse na ampliadora con precisión e da forma establecida o material sensible que se vai positivar.
* Avalíase o negativo ou positivo para ampliar ou copiar fixando o filtrado previo segundo os diversos parámetros (tipo de negativo ou positivo e papel para empregar).
* Prepárase e límpase a ampliadora, o obxectivo e o negativo ou positivo para ampliar, co fin de evitar defectos nas copias.
* Colócase o negativo ou positivo no cabezal da ampliadora regulando o obxectivo.

2.3.Establece-los parámetros de exposición e filtrado, realizando probas e seguindo os procedementos establecidos.* Determínanse os tempos de exposición e filtrado (en branco e negro ou en cores) seguindo as indicacións dadas e utilizando instrumentos de medida adecuados.

* Realízase a primeira proba (tiras de control) seguindo o procedementos establecido.

* Envíase esta proba para o seu procesado ou, se é o caso, efectúase no posto de traballo.
* Avalíase o resultado da proba baixo condicións de luz establecidas, axustándose ás correccións de tempo de exposición e filtrado co fin de efectua-la ampliación definitiva.

2.4.Realizar e controla-lo proceso de ampliación segundo os procedementos, especificacións e condicións de seguridade establecidas.* Calcúlase o grao de ampliación, segundo a ficha técnica ou as instruccións do cliente.

* Encádrase a imaxe para positivar sobre o material sensible, utilizando os útiles adecuados e realizando as correccións e tipo de sangrado solicitado.

* Regúlase o equipo de ampliación cos parámetros de tempo, apertura de diafragma e filtraxe obtidas das probas previas.
* Efectúase a ampliación ou o contacto do negativo ou positivo (branco e negro ou cores) sobre o soporte sensible indicado, segundo a técnica adecuada ó traballo que se vaia realizar (positivo-positivo, negativo-positivo, etc.) e segundo as regulacións de exposición e filtrado establecidas e rexístranse estas regulacións.
* Se é o caso, realízanse os enmascarados de partes da ampliación para corrixir defectos do negativo ou positivo.
* Efectúase o viñetado, solarizado, posterizado segundo as indicacións do cliente.
* Mantense o material impresionado en condicións adecuadas (disposición, iluminación, humidade, temperatura), para o seu posterior procesado.

RealizaciónsCriterios de realización

* O control do proceso de revelado de positivos, seguindo os procedementos establecidos e tendo en conta as marxes de tolerancia, permite determina-los posibles fallos ou desviacións de:-Os parámetros técnicos (tempo, temperatura, etc.).-Os sistemas de transporte do material en proceso.-O volume dos baños.-Sistema electrónico da máquina.-Contaminación dos baños.
* Infórmase o xefe de laboratorio e solicítase apoio técnico ante as anomalías detectadas no proceso de revelado de positivos que non é posible solucionar.
* Verifícase o positivo, coas condicións de luz adecuadas, comprobando se a súa calidade técnica e formal se axustan ás especificacións establecidas.
* Tómanse as medidas correctoras oportunas para corrixi-las desviacións observadas.

2.5.Realiza-lo tratamento e acabado das copias seguindo as indicacións do encargo e as condicións establecidas.* Corríxense as copias para suprimir raias, puntos, etc., aplicando as técnicas de punteado e retoque, utilizando os instrumentos (lapis, pinceis e aerógrafos) e os materiais adecuados (tintas e acuarelas).
* Aplícanse as técnicas de montaxe de fotografías e collages seguindo as especificacións do cliente.
* Efectúase o virado, coloreado, solarizado e posterizado químico, seguindo os procedementos establecidos.
* Realízase a reducción e/ou o intensificado de copias, no caso de copias sobreexpostas ou subexpostas.
* Realízase o acabado e presentación das copias (passepartouts, marcos, superficies especiais) segundo indicacións do cliente.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Ampliadoras, pranchas de contacto, filtros, temporizadores, negatoscopios, marxinadores, contafíos, taboleiros de absorción, analizadores de cor, densitómetro, procesadores automáticas de papel (Printer).

-Materiais e productos intermedios:

Negativos, positivos, contactos, tiras de proba, película de branco e negro e/ou de cores, negativa, positiva e reversible, papeis fotosensibles de branco e negro e de cor. Reveladores de branco e negro e cor, fixadores, baños de paso, viradores, intensificadores, reductores.

-Principais resultados do traballo:

Probas, contactos e ampliacións en calquera soporte.

-Procesos, métodos e procedementos:

Ampliación e positivado (manual ou automático), virados, acabados.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Manuais técnicos, información do fabricante do material, instruccións do cliente. Especificacións de soportes de positivado.

2.5.3. Unidade de competencia 3: tratar imaxes fotográficas por procedementos dixitais:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Recepciona-los orixinais fotográficos para tratar, interpreta-la documentación técnica e as indicacións do cliente e planifica-lo traballo de tratamento de imaxes en tempo e forma adecuados.* Identifícanse os orixinais para tratar, tendo en conta o tipo de materiais (negativos, positivos, cores, branco e negro), formato, soporte (papel, película, CD) e estado físico.

* Identifícanse o proceso e a técnica de tratamento que se deben seguir para obte-lo resultado solicitado.

* Compróbase que a ficha técnica conteña a información necesaria para unha correcta identificación do tratamento que se debe aplicar.

* A planificación do traballo optimiza tempos e recursos e ten en conta o tipo de orixinais de entrada, os tratamentos que se van aplicar e as características dos productos de saída.

3.2.Prepara-los equipos para a obtención e tratamento de imaxes de forma que se garanta a calidade esixida, seguindo os procedementos establecidos.* Prepáranse e póñense a punto os distintos elementos do sistema (escáner, lectores de soportes ópticos e/ou magnéticos, ordenadores en rede, programas), seguindo as rutinas técnicas establecidas.

* A calibración dos equipos (escáneres, periféricos) permite a obtención dos resultados previstos e a súa uniformidade no tempo.

* Verifícase o perfecto estado dos equipos utilizando os manuais técnicos e solicítase apoio dos correspondentes servicios técnicos do provedor/fabricante, en caso necesario.
* Móntanse, cámbianse e adáptanse correctamente os elementos correspondentes do equipo de dixitalización en función do tipo, formato do material e calidade que hai que obter.

3.3.Trata-los orixinais fotográficos, obte-las probas e corrixi-las imaxes segundo os requisitos do cliente e as normas de calidade establecidas.* A imaxe é dixitalizada coa resolución adecuada ou importada no formato gráfico correspondente (TIFF, EPS, etc.), para enviala ás estacións de retoque ou montaxe.

* Visualízase a imaxe sobre unha pantalla comprobando a súa completa e perfecta recepción.

* Elíxese o modelo de cor (RGB, CELAB, CMIK, etc.) máis conveniente para o traballo que se quere realizar.
* Aplícanse as transformacións xeométricas (ampliación, rotación, cropping, etc.) e non xeométricas (curvas tonais, filtros, etc.) solicitados.
* Aplícanse as correccións de cor de acordo con criterios estándar de calidade.
* Aplícanse correctamente os programas informáticos de tratamento de imaxe, seguindo as instruccións do cliente e corrixindo os defectos detectados nos orixinais.
* Verifícanse os correctos valores de brillo, contraste, gama de cor e saturación, así como o foco e resolución, de acordo co orixinal ou orixinais tratados.
* A obtención das probas (láser, branco e negro ou cores, cera, sublimación, etc.) permite a detección de erros co fin de dispo-las imaxes para a súa filmación e envorcado.
* A corrección dos defectos observados e as indicacións dadas polo cliente serven para dispo-lo tratamento para a súa filmación e/ou copiado.

3.4.Realizar filmacións e envorcados e obter copias das imaxes tratadas por impresión térmica ou por sublimación, conseguindo a calidade establecida.* Establécense os parámetros oportunos para a filmación ou copia a través do menú de axuste (set-up) do programa (liñatura, sistema de tramado, resolución, elección do dispositivo de saída, etc.) ou do propio dispositivo.

* Realízanse as operacións das saídas demandadas polo cliente, controlando a calidade final e, se procede, as rectificacións necesarias.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Ordenadores, escáneres, filmadoras, impresoras, diferentes periféricos de almacenamento (disquetes, ópticos, CD, bernoulis, etc., redes, servidores).

-Materiais e productos intermedios:

Cintas, discos, removibles, papeis fotográficos, películas, tintas, tonners, etc. Imaxes en calquera soporte. Programas informativos de tratamento de imaxes.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Escaneados e envorcados sobre distintos removibles, filmados sobre distintos tipos de papel ou película, copias sobre distintos tipos de papel e imaxes coas manipulacións indicadas polo cliente.

-Procesos, métodos e procedementos:

Escaneados en branco e negro e cores. Manipulación da imaxe. Envorcado. Dixitalización. Transferencia de arquivos de imaxes. Probas de cor. Impresión en copias. Montaxes. Retoques. Silueteados.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Manuais técnicos, información do fabricante, indicacións do cliente.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realízase a análise previa á implantación, valorando:-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.

-A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

4.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.

* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

4.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Elabóranse os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outros).

4.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permite establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

RealizaciónsCriterios de realización

4.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.-Calidades.-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:-Marxes de beneficios.-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobro.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.-Atención posvenda.

4.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que lles poida interesar.

4.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais.-Altas e baixas laborais.

-Nóminas.-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques).

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Este sector sofre unha constante mutación por efecto da evolución tecnolóxica e a interacción dos seus compoñentes culturais, tecnolóxicos e industriais. Entre os cambios que previsiblemente influirán na competencia desta figura cómpre sinalar:

* A tecnoloxía dixital e a masificación do uso de ordenador como ferramenta profesional que abre un mercado de novos productos audiovisuais.

* A incorporación das novas tecnoloxías e a diversificación dos soportes irá xerando unha demanda de novos productos e servicios de imaxe que se axusten ás necesidades individualizadas e poidan permiti-la interactividade co usuario final.

* A xeneralización dos sistemas de autoedición e as estacións de traballo dixital tanto en fotografía, en vídeo, en multimedias como en prensa, levará os profesionais destes medios a unha ampliación de competencias dentro do campo da edición profesional.

* A incorporación da fotografía electrónica en substitución da química está revolucionando os procesos de toma e procesado desta actividade profesional.

* A incorporación das novas tecnoloxías á producción dos laboratorios de imaxe presenta a coexistencia temporal e espacial dos procedementos convencionais e dixitais nas diversas fases do proceso (película fotográfica con presencia á vez de imaxes electrónicas e soportes ópticos e magnéticos).

* O achegamento da fotografía dixital cara ó cliente ou cara ó autor, debido ó desenvolvemento de interfaces gráficas que facilitan o uso xeneralizado das técnicas de tratamento gráfico.

* A creación do mercado europeo, o impacto da normativa europea e a aplicación de políticas específicas incidirán no desenvolvemento do sector co aumento de exportación de programas, películas, fotografías, productos multimedia e servicios de comunicación, aumentando o volume de producción destes productos e servicios.

* A tendencia cara á especialización e diversificación das empresas do sector requirirá profesionais cun alto nivel de cualificación, así como unha capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías e novos sistemas e procesos de producción.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A reestructuración do sector provocada polos cambios tecnolóxicos, fundamentalmente a incorporación da tecnoloxía dixital e a automatización dos procesos de imaxe e do control de calidade, producirá unha integración dos procesos actuais, unha maior simplificación operacional e unha grande versatilidade dos equipos.

Este técnico requirirá unha polivalencia tecnolóxica que lle permita desenvolve-lo seu traballo por procedementos analóxicos ou dixitais.

Os procedementos tradicionais van perdendo importancia nas grandes e medianas empresas, o que obrigará a este técnico a unha readaptación da súa actividade. As pequenas empresas tradicionais irán desaparecendo paulatinamente pola aparición de novas pequenas empresas cos procesos integrados no campo das novas tecnoloxías.

A implantación dos sistemas de calidade determinará o seu coñecemento e aplicación na actividade deste profesional.

2.6.3. Cambios na formación:

A incorporación da tecnoloxía dixital implicará unha necesidade crecente de adaptación dos profesionais ós novos procedementos.

A formación en calidade debe persegui-la visión global do sistema de calidade, así como o coñecemento de materiais, instrumentos e parámetros implicados na calidade do proceso.

As esixencias de adaptación e rendemento na producción en industrias fotográficas e cinematográficas implicará ter unha visión xeral do proceso productivo no que está inmerso e a súa relación coas distintas fases dese proceso.

Precisará dunha actualización en estilos e gustos estéticos que lle permitan utiliza-los recursos adecuados con maior eficacia no tratamento de imaxes.

A rápida evolución da oferta de novos materiais de rexistro de imaxes, das estacións dixitais de autoedición, de programas informáticos aplicados ó tratamento de imaxes, requiren unha continua formación que lle permita a adaptación e máximo aproveitamento destes novos recursos e tecnoloxías.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura profesional localízase na área de laboratorio de imaxe, en empresas coas seguintes actividades:

* Procesado de material fotográfico.

* Procesado de material cinematográfico.

* Ampliación e positivado de copias fotográficas.

* Tratamento dixital de imaxes.

* Producción de imaxes fotográficas.

* Servicios de apoio á producción audiovisual.

* Edición de publicacións.

* Produccións multimedia.

* Servicios de procesado de material fotográfico en hospitais, clínicas e centros de investigación.

* Arquivo, conservación e comercialización de documentos visuais.

En xeral o tamaño das empresas é pequeno e mediano, dedicándose a unha ou varias das actividades sinaladas e sen existir polo xeral as que teñen á vez o procesado fotográfico e o cinematográfico.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Atendendo á estructura organizativa da empresa e ó proceso productivo no que opera pode asumir un maior ou menor número de funcións relacionadas coa realización e control dos procesos do laboratorio de imaxe.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos que interveñen no seu traballo abranguen o campo do procesado e tratamento da imaxe fotográfica e cinematográfica. Están ligados directamente a:

* Proceso de producción: conxunto de máquinas e equipos de procesado e tratamento dos materiais fotosensibles utilizados nos laboratorios de imaxe e das técnicas e procedementos derivados.

* Coñecemento das características e propiedades dos materiais de imaxe (películas, papeis fotosensibles, productos químicos de revelado, etc.).

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase de seguido un conxunto de ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Técnico de procesado de soportes fotosensibles en cores e branco e negro.

* Técnico de positivado en cores e branco e negro e ampliación.

* Técnico de tratamento de imaxes.

* Técnico de laboratorio de imaxe.

* Técnico en etalonaxe.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Interpretar e comprender información técnica e en xeral toda a linguaxe simbólica necesaria para efectua-las operacións e o control dos traballos realizados no laboratorio de imaxe.

* Comprender e aplica-la terminoloxía, instrumentos, ferramentas, equipos e métodos utilizados no tratamento e procesado de productos fotográficos.

* Interpreta-los procesos de execución e efectua-lo revelado, ampliado e tratamento de imaxes fotográficas.

* Comprende-la interrelación e secuencia lóxicas das diferentes fases da producción fotográfica e cinematográfica, observando a correspondencia entre as fases e os materiais, equipos e recursos humanos, así como os criterios de calidade, económicos e de seguridade que deben ser observados.

* Sensibilizarse respecto ós efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, coa finalidade de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e de protección adecuadas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar neles.

* Utilizar e buscar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector de imaxe e son e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: revelado de soportes fotosensibles:

Asociado á unidade de competencia 1: revelar soportes fotosensibles.

Capacidades terminais elementais

* Describir e identifica-los sistemas de rexistro de imaxes antigos máis relevantes na historia da fotografía.

* Relaciona-las emulsións fotográficas e cinematográficas dispoñibles no mercado coas características que as definen.

* Xustifica-la elección dunha emulsión para realizar un tipo de traballo determinado en cine ou en fotografía.

* Enumera-los datos técnicos necesarios para a correcta identificación dunha emulsión e as súas posibilidades de procesado.

* Analizar e realiza-lo proceso de preparación dos baños para utilizar en cada procesado e describi-las súas características, efectos e uso.

* Describir e secuencia-las distintas fases dos procesados fotográficos e cinematográficos.

* Realizar calquera tipo de procesado de emulsións fotográficas.

* Calcula-los cambios para efectuar nos distintos procesados derivados da variación dos compoñentes ou dalgunha das súas características.

* Realizar procesados especiais para obter efectos específicos.

* Describi-los procedementos específicos de procesado dun laboratorio cinematográfico.

* Describir e aplica-las medidas de seguridade persoais e ambientais necesarias no laboratorio fotográfico.

* Realiza-las operacións necesarias para a posta a punto, funcionamento, mantemento e limpeza dos medios e da maquinaria profesional empregada nos procesados fotográficos comerciais.

* Clasificar cada tipo de material fotosensible e valora-las especificacións, se é o caso, para asignarlle un tipo de procesado, maquinaria, productos químicos e axustes pertinentes.

* Describi-lo equipamento necesario para empregar no procesado manual, semiautomático e automático das emulsións fotográficas.

* Enumera-los equipos empregados nas diferentes tarefas dos laboratorios cinematográficos e explica-las súas funcións nos procesados.

* Aplica-los procedementos establecidos de control de calidade no procesado das emulsións fotográficas.

* Describi-los procesos de control e correccións empregadas coas emulsións cinematográficas.

* Identifica-los erros e anomalías no procesado, describindo e aplicando as solucións axeitadas.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Emulsións fotosensibles:

* Realización de traballos con algunha das técnicas fotográficas antigas.

* Fabricación manual dunha emulsión e análise das súas características.

* Identificación das características dunha emulsión interpretando os datos dispoñibles no chasis ou na ficha técnica.

* Relación dos diferentes tipos de traballos fotográficos coas emulsións máis axeitadas para executalos.

O procesado das emulsións:

* Clasificación dos productos químicos e aparellos necesarios para prepara-los baños coas medicións e procedementos máis axeitados.

* Comprobación das características da auga coa que se van mestura-los químicos: obtención de auga destilada, medición de PH, decantación e instalación e uso de sistemas de filtrado.

* Obtención de baños de procesado a partir de fórmulas precisas, mesturas en po e solucións líquidas concentradas.

* Comprobación da actividade dos baños e rexeneración destes no caso de esgotamento ou mal funcionamento.

* Realización das operacións para o correcto tratamento das emulsións antes do seu procesamento.

* Procesado manual completo de materiais fotosensibles distintos: emulsións negativas de branco e negro e de cor, diapositivas de branco e negro e de cor.

* Incorporación no procesado dos tratamentos finais para garantir unha perfecta conservación dos materiais: eliminadores de impo, baños alcalinos e virados ó selenio ou ouro.

* Elaboracións de protocolos de anotacións coas emulsións procesadas.

* Corrección de erros no procesado por medio da utilización dos reductores e intensificadores.

* Execución de procesados en condiciones especiais: forzados, subrevelados, troco de C-41 por E-6 e viceversa...

Equipos profesionais para o procesado:

* Axuste, montaxe e preparación de minilabs, trens de revelado e aparellos de procesamento semiautomáticos para cada un dos procesos que se realicen.

* Introducción nas máquinas de programas informáticos, tarxetas programadas ou datos para prepara-las secuencias de procesado.

* Identificación, comprobación de niveis e preparación dos baños que precisa cada tipo de máquina.

* Avaliación do estado e clasificación dos materiais para procesar segundo a súas características, especificacións e o procesado que lle conveña.

* Elaboración do protocolo de anotación dos datos (segundo as normas dos laboratorios) para seren interpretados no procesamento.

* Colocación dos distintos tipos de soportes e formatos fotosensibles (chasis de 135, 110, 120, placas, soportes especiais e carretes de APS) para o inicio do procesado correspondente.

* Execución dos procesos: C-41e compatibles, E-6 e compatibles, procesos automáticos para a obtención de branco e negro (película negativa ou diapositiva), proceso APS.

* Realización de procesos especiais: internegativos, duplicado de películas negativas, obtención de efectos por cambio de proceso (E-6 por C-41 e viceversa).

* Protección dos materiais ó final do proceso e anotacións das continxencias do procesado.

* Control.

* Almacenaxe do material nas condicións que garantan a súa perfecta conservación, duración e facilidade de uso.

Análise dos resultados e control:

* Comprobación do estado xeral dos materiais ó remate do procesado: manchas, rabuñaduras, pegadas do sistema de arrastre, roturas, pegadas de secado ou partículas adheridas ós soportes. Detección das causas.

* Análise do material procesado nas condicións máis favorables: detección de fallos nas cores obtidas, nas densidades acadadas ou no contraste xeral.

* Avaliación dos sistemas de filtrado de auga e actuación neles para acadar maior calidade, neutralidade e limpeza.

* Axuste mediante o emprego de tiras de control e previsión das datas de caducidade dos funxibles químicos e fotosensibles que interveñen no procesado.

* Aplicación de medidas correctoras nos procesos, mediante o axuste de tempos, temperatura, actividade dos baños, posibilidades da maquinaria ou o emprego manual de intensificadores e reductores.

Contidos conceptuais

Emulsións fotosensibles:

* Evolución histórica dos materiais fotosensibles.

* A fabricación da emulsión: tipoloxía e formatos.

* A utilización e comportamento das emulsións: sensibilidade, contraste, latitude de exposición, grao e definición, acutancia, saturación e nivel de veo.

O procesado das emulsións:

* Química fotográfica básica.

* Os baños de procesado: revelador, paro, fixador, branquexador, estabilizador, inversor, rexenerador, neutralizador, entoador, limpador e productos especiais.

* Modos de preparación e uso en función da temperatura, axitación e concentración.

* Materiais e instalación dun laboratorio tipo.

* Os procesados manuais: o negativo en branco e negro e cores, a diapositiva en branco e negro e cores, as películas de liña.

* A influencia do revelado en tódolos tipos de procesado.

Equipos profesionais para o procesado:

* Máquinas automáticas e semiautomáticas de procesado en branco e negro e cores: instalación, compoñentes básicos e mantemento.

* O formato APS e as estacións de traballo dixitais.

* Defectos, erros e desaxustes nos procesos e equipos: sistemas de corrección.

* A adaptación das posibilidades da maquinaria ás peticións dos clientes.

* A limpeza dos equipos e a neutralización química dos productos: o efecto ambiental.

Análise dos resultados e control da calidade:

* A detección de erros nas emulsións procesadas e a súa posible corrección.

* Parámetros avaliables na análise dos traballos: densidade, gradación e contraste, saturación e equilibrio das cores, definición, limpeza, danos nas emulsións, homoxeneidade de tratamento.

* Equipos de control: densitómetros, lupas, tiras de control, medidores químicos, analizadores de cor.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia de actuar con seguridade e previsión no tratamento dos productos químicos e de emprega-los medios e útiles que permitan evitar calquera risco de perigo persoal ou das instalacións.

* Consciencia da importancia de coida-lo aseo tanto persoal coma no traballo, co fin de evitar enfermidades, intoxicacións e/ou contaminacións.

* Rigor no ordenamento dos materiais para utilizar, na súa posta en funcionamento, mantemento e recollida e na preparación, catalogación, etiquetaxe e almacenaxe dos productos químicos e dos materiais fotosensibles para procesar.

* Preocupación por favorece-la neutralización química dos productos residuais, de limpeza, papeis, películas e demais material funxible, atendendo as normas ambientais.

* Compromiso con que o traballo se desenvolva sempre nas mellores condicións de salubridade, ventilación, humidade e temperatura.

* Esforzo por mostra-la seguridade e claridade de conceptos necesarios para facilita-lo trato co cliente.

3.2.2. Módulo profesional 2: positivado, ampliación e acabados:

Asociado á unidade de competencia 2: realizar e controla-los procesos de positivado e ampliación en branco e negro e cores.

Capacidades terminais elementais

* Explica-la evolución dos materiais de positivado na historia da fotografía.

* Identifica-los papeis que se usan nos procesos de positivado e relaciona-las súas características cos traballos que se executen.

* Describi-la composición, características, procesos nos que se empregan, toxicidade e modo de neutralización dos productos químicos para o positivado.

* Describir e aplica-los principais efectos da imaxe latente nos materiais de positivado.

* Describi-los procesos que teñen lugar nos materiais de positivado desde que é impresionado pola luz ata que é procesado segundo corresponda.

* Enumerar superficies de positivado á parte do papel, e diferencia-lo seu tratamento.

* Defini-las características xerais e estructurais que debe te-la instalación dun laboratorio atendendo á súa eficacia, seguridade e salubridade.

* Recoñece-los tipos de ampliadoras (formato, sistema de luz...) e elixi-la máis adecuada segundo os traballos que se executen.

* Aplica-los métodos de calibración para o correcto funcionamento das ampliadoras.

* Realizar na ampliadora o encadramento, o enfoque, a exposición e o filtrado de tiras de proba.

* Executa-la ampliación final de acordo cos datos obtidos na tira de probas.

* Corrixir defectos de toma e/ou incluír efectos durante o proceso de ampliación.

* Realiza-lo proceso de filtraxe para consegui-lo contraste desexado nos papeis de contraste variable, aplicando as correccións pertinentes.

* Realiza-la filtraxe para os papeis de cor aplicando as correccións obtidas mediante análise visual e mediante o uso de analizadores de cor.

* Utiliza-lo obxectivo máis axeitado para cada tipo de ampliación e realiza-la súa limpeza e montaxe na ampliadora.

* Describi-los aparellos necesarios para a obtención de positivos, en combinación coa ampliadora, e relacionalos coa súa función e uso no proceso.

* Explica-las características e tipos de maquinaria para realiza-la tirada e o procesado de positivos.

* Distingui-las características do material que se vai positivar para escolle-la mellor maneira de tratalo e traballalo e a conveniencia do proceso elixido.

* Realiza-lo proceso de positivado para materiais en branco e negro especiais, materiais de cores e materiais inversibles e transparencias.

* Explica-las características cromáticas da visión humana e a súa influencia na apreciación das imaxes, aplicándoo á tiraxe de copias e probas.

* Describir técnicas para conseguir maior permanencia temporal das copias positivas.

* Corrixir erros, detectados mediante a análise visual ou coa maquinaria pertinente, nas imaxes positivas.

* Verifica-la efectividade dos productos químicos, renovándoos ou rexenerándoos cando sexa necesario.

* Realiza-los controis necesarios para o axuste, mantemento e reparación básica da maquinaria do laboratorio.

* Identifica-los instrumentos e materiais de retoque fotográfico máis axeitados para cada traballo.

* Realizar procesos de coloración nas imaxes positivas.

* Identificar e relacionar coa súa aplicación, os útiles de acabado e montaxe de fotografías: cizallas, prensas térmicas, passepartouts, molduras, etc.

* Realizar traballos de corrección e restauración de copias positivas antigas.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Papeis, superficies e químicos de positivado:

* Análise e fabricación dos distintos soportes para o positivado, e avaliación das súas diferencias:

* Análise das características das emulsións de positivado mediante probas sensitométricas.

* Valoración das características dos distintos papeis de positivado comerciais.

* Valoración das achegas dos acabados superficiais ós papeis actuais.

* Comparación da efectividade dos papeis de contraste variable e fixo en branco e negro.

* Comprobación da actuación dos químicos do procesado sobre o papel de positivado.

* Preparación de baños de procesado a partir de químicos comerciais e de fórmulas de compoñentes individualizados, manipulando aparellos de pesada, volume e mesturas. Busca de variacións e posibilidades.

* Detección dos síntomas de caducidade do material fotosensible de positivado ou dos químicos de procesado.

* Neutralización de químicos esgotados.

* Execución e análise dos efectos da imaxe latente nos papeis de positivado.

* Emulsionado de superficies diversas para o seu positivado.

Medios técnicos para o positivado:

* Análise de distintas disposicións de equipos e instalacións de laboratorios fotográficos valorando a súa eficacia e funcionalidade.

* Control dos sistemas de filtraxe de auga do laboratorio, así como do seu PH.

* Control de inactinidade das luces de seguridade empregadas no laboratorio.

* Valoración e utilización de pranchas de contacto e cristais para a obtención de probas; elección do papel máis axeitado para os contactos.

* Execución da técnica de contacto con materiais de calidade: placas de gran formato.

* Identificación das distintas pezas das ampliadoras, valorando a súa función: detección e corrección, se é o caso, de posibles anomalías.

* Calibración da ampliadora e dos seus complementos, elección do obxectivo e axuste do formato de traballo.

* Cálculo de graos de ampliación coa ampliadora de traballo e o obxectivo pertinente.

* Realización de probas de corrección de filtraxe: utilización de analizadores de cor.

* Realización e avaliación de probas sobre papel de branco e negro: control do enfoque, encadramento, colocación da proba, exposicións medidas e secuencia, filtraxe, se é o caso.

* Realización de probas de control para calibra-la maquinaria automática ou semiautomática e avaliación do enfoque, encadramento, equilibrio cromático, nitidez exposición e calidade no procesado.

* Realización de ampliacións en branco e negro e cor a partir dos datos das probas.

Técnicas de positivado: o contacto e a ampliación:

* Análise dos posibles materiais para positivar: estado, composición, posibilidades...

* Procesado convencional de positivos de b/n:

-Preparación dos químicos máis axeitados, cálculo dos tempos en cada baño segundo a temperatura, concentración e grao de axitación que se empregue.

-Elección e preparación do papel.

-Avaliación das probas e detección de posibles erros no procesado.

-Realización das ampliacións finais segundo os datos extraídos das probas. Procesado, lavado e secado final

* Procesado de alta calidade en b/n: uso dos papeis baritados:

-Uso de instrumentos especiais para asegura-la exactitude do procesado.

-Execución do procesado con dous reveladores e/ou dous fixadores.

-Emprego de lavadoras automáticas e outros sistemas de lavado.

-Emprego de sistemas de alta permanencia e reforzado: eliminación de hiposulfito, baño alcalino, virado con selenio, ouro ou platino.

-Secado manual do papel baritado e uso de secadoras automáticas. Prensado en frío e quente.

* Control local da exposición: execución de reservas, exposicións parciais, reforzo local no revelado.

* Procesado de materiais especiais: material de liña (alto contraste), papeis pancromáticos para o positivado de negativos en cor, papeis ó pastel, papeis con cor de fondo.

* Execución de montaxes, exposición conxunta de negativos, solarizacións, viñeteados, tramas, fotogramas, siluetado, baixo e altorrelevos, posterizacións.

* Procesado de copias positivas en cor:

-Preparación dos químicos segundo especificacións comerciais: uso de sistemas de mantemento da temperatura.

-Establecemento das condicións de traballo (luz de seguridade, cubetas, tanque manual, procesadora semiautomática...).

-Tiraxe e filtrado de probas de exposición para a súa avaliación.

-Tiraxe, procesado e acabado de ampliacións en cor.

* Realización de fotogramas, solarizacións e posterizacións, positivado co C-41 ou E-6 e copia de negativos de cor orixinais en branco e negro.

* Paso de diapositivas a papel:

-Realización dun internegativo e o seu positivado.

-Utilización de procesos de positivado inversibles.

Controis de calidade e axuste do procesado e equipos:

* Control químico do sistema de fixado, lavado e secado empregado: avaliación da proba e correccións pertinentes.

* Preparación de baños de limpeza, conservación e estabilización:

-Eliminadores de hiposulfito.

-Baños alcalinos.

-Baños curtentes.

-Viradores e reforzadores: selenio, ouro e platino.

* Realización de placas de separación de cor para asegura-la permanencia das copias positivas en cor.

* Avaliación de parámetros de calidade nas ampliacións positivas mediante o uso da luz axeitada, lupas, conta fíos, etc...

* Corrección de erros: intensificación, troco de papel, reducción parcial, análise do negativo, da ampliadora, obxectivo ou procesado.

* Medición do pH nos baños de positivado e análise da súa actividade mediante probas de control, procedendo á súa rexeneración ou substitución, se é o caso.

* Realización de controis da maquinaria e baños nas procesadoras automáticas.

* Verificación da maquinaria segundo os resultados das probas realizadas. Mantemento dos compoñentes.

Acabado final das copias e ampliacións:

* Realización de virados químicos para acadar efectos artísticos e tons que se compenetren máis coas imaxes e reforcen a súa mensaxe.

* Coloración de imaxes fotográficas co aerógrafo, tinturas e anilinas especiais. Preparación e limpeza dos equipos ó remate do traballo.

* Elección, uso e mantemento de equipos de retoque:

-Para corrixir erros.

-Para engadir ou eliminar elementos.

-Para realzar partes da imaxe.

* Utilización de diferentes tipos de prensa para aplanar copias.

* Execución de distintos acabados de copias xogando coa marxe, coas cizallas, coa textura da superficie, etc.

* Verificación das condicións de almacenamento das copias fotográficas para asegura-la súa mellor conservación: humidade, temperatura, etc.

* Comprobación dos efectos da luz, a humidade e os ácidos nas imaxes positivas.

* Realización de técnicas de montaxe e enmarcado das imaxes fotográficas, ou similares, seguindo as técnicas máis axeitadas:

-Montaxe convencional con molduras, base, cristal ou metacrilato e accesorios.

-Cartóns, cartolinas e outros materiais de fondo.

-Realización de ventás, biselados e coloreados en passepartouts.

-Montaxes múltiples de copias seguindo a técnica da collage.

Contidos conceptuais

Papeis, superficies e químicos de positivado:

* Evolución dos materiais para o positivado.

* Características dos papeis fotográficos en branco e negro e cor: composición, grosor, textura, protección, gradación e contraste variable, filtraxe, sensibilidade, nitidez e caducidade.

* Os productos químicos: precaucións, consecución, preparación, uso, mantemento e neutralización.

* A imaxe latente e os seus efectos nos papeis fotosensibles.

* O positivado químico e a obtención das imaxes: sensitometría dos materiais de positivado.

* Superficies especiais de positivado.

Medios técnicos para o positivado:

* O laboratorio fotográfico: acondicionamento, equipamento e mantemento.

* A ampliadora: esquema básico, tipos, accesorios, funcionamento e máximo aproveitamento de seu rendemento.

* As ópticas no positivado.

* Equipamento para o positivado.

* Maquinaria automática para a obtención de copias positivas en branco e negro e cor: as modernas printers e as seccións de positivado nos trens de procesado rápido.

Técnicas de positivado:

* Historia das imaxes positivas.

* Teorías da cor.

* A visión cromática humana.

* Materiais fotográficos e as súas posibilidades de positivado: o contacto e a ampliación.

* Secuencia do procesado de copias positivas en branco e negro e cor.

* Técnicas e trucos para mellora-la calidade. Efectos especiais.

* Tipoloxía de materiais especiais para o positivado en branco e negro e cor.

* O procesado de alta calidade en branco e negro: o sistema de zonas.

* O paso de diapositivas a papel: posibilidades, técnicas e materiais.

* Máquinas automáticas ou semiautomáticas: tipoloxía e características.

Controis de calidade e axuste do procesado e equipos:

* Os parámetros de calidade no positivado.

* O control químico das copias e dos baños de procesado.

* As técnicas de conservación das ampliacións en b/n e cor.

Acabado final das copias e ampliacións:

* A coloración das ampliacións en branco e negro.

* O retoque fotográfico.

* Protocolos na entrega de ampliacións positivas ós clientes.

* O acabado:

-Técnicas básicas.

-Estilos persoais.

* Normas e regulamento na exhibición fotográfica.

Contidos actitudinais

* Comportamento seguro e preventivo no tratamento de productos químicos, evitando calquera risco de perigo persoal ou de grupo e utilizando correctamente os equipos de protección pertinentes.

* Rigor na hixiene tanto persoal como nos ambientes de traballo, coa finalidade de evitar riscos para a saúde.

* Hábito de levar unha orde estricta na disposición dos materiais que se utilicen, na súa posta en funcionamento, mantemento e recollida, así como na preparación, catalogación, etiquetaxe e almacenaxe dos productos químicos e dos materiais fotosensibles que se procesen.

* Comportamento rigoroso nos procesos de neutralización química dos productos residuais, de limpeza, papeis, películas e demais funxibles, para evitar riscos ambientais.

* Atención a que o traballo se desenvolva sempre nas mellores condicións de salubridade, ventilación, humidade e calor.

* Actitude respectuosa e receptiva no trato co cliente, coa finalidade de facilita-la comprensión da información que se lle dá e de procurar solucións a posibles erros.

* Coidado no manexo, garda e custodia do material positivado ata a súa entrega ó cliente.

* Actitude indagatoria cara a tódalas posibilidades de acabado e presentación das ampliación fotográficas, tanto a nivel persoal como a nivel do existente no mercado.

* Esforzo por se manter informado sobre as posibilidades que ofrecen as técnicas modernas no eido da corrección e perfeccionamento do acabado dos traballos, e pola súa incorporación, se é o caso.

3.2.3. Módulo profesional 3: tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitais:

Asociado á unidade de competencia 3: tratar imaxes fotográficas por procedementos dixitais.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los bloques funcionais básicos do ordenador e relacionalos co seu bo rendemento e coas súas posibilidades de ampliación e actualización.

* Organiza-lo disco duro de xeito que facilite a localización de calquera arquivo nel, efectuando as particións pertinentes.

* Realiza-las conexións pertinentes dos periféricos co ordenador.

* Describi-la configuración básica dun ordenador cos programas fundamentais de tratamento da imaxe.

* Soluciona-los problemas que impiden o correcto funcionamento dun programa informático específicos de tratamento de imaxe.

* Realizarlles ós programas os axustes e as asignacións de memoria necesarios para obte-lo máximo rendemento e calidade nos equipos cos que se vai traballar.

* Selecciona-lo emprego dos dispositivos de entrada e saída, e describi-los parámetros que inciden na calidade da imaxe.

* Realiza-la conversión das imaxes analóxicas a dixitais, diferenciando e contrastando as súas características.

* Elixi-las relacións de tamaño e resolución das imaxes para o seu rexistro e posterior tratamento.

* Captar imaxes procedentes das redes telemáticas ou doutros soportes e dispositivos de entrada.

* Realiza-los axustes de cor e calibracións dos equipos para garantir que o resultado final sexa o mesmo có que se ve na pantalla do ordenador.

* Selecciona-los dispositivos de almacenamento de información, valorando a súa capacidade.

* Resumi-las principais posibilidades dos programas infográficos e de edición gráfica do mercado e escoller en cada caso o máis axeitado.

* Engadirlles ós programas filtros e accesorios de software, tendo en conta as necesidades dos sistemas.

* Describir e xustifica-lo uso dos distintos tipos de arquivos gráficos: EPS, PSD, GIF, PNG, TIFF, BMP, JPEG, Photo CD, etc.

* Realizar seleccións e trazados nas imaxes, utilizando e combinando, se é o caso, lapis electrónicos ou ópticos e paletas gráficas.

* Seleccionar e aplica-lo modo de cor adecuado a cada caso: HSB, CMYK, RGB e Lab.

* Selecciona-los distintos soportes para a reproducción gráfica de imaxes.

* Relaciona-las posibilidades de impresión e acabado de imaxes coa maquinaria ou servicio necesario para efectualos.

* Recoñecer erros en calquera das etapas do proceso da imaxe dixital e describir e aplicar técnicas para a súa corrección.

* Realizar copias de seguridade de todo arquivo relacionado cun traballo en curso.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Requisitos dos equipos informáticos para o tratamento dixital das imaxes:

* Recoñecemento das características dos sistemas informáticos e valoración dos compoñentes materiais e programas necesarios para os adecuar ó traballo con imaxes dixitais.

* Óptimo aproveitamento do software instalado, mediante a creación de accesos cómodos e rápidos.

* Calibración dos dispositivos de entrada e saída.

* Detección e solución de problemas de instalación e funcionamento.

* Valoración e comparación dos programas máis usuais para o tratamento dixital de imaxes.

Captación dixital da imaxe:

* Identificación e utilización básica dos distintos dispositivos de entrada de imaxe dixital.

* Avaliación das características dos orixinais cos que se vai traballar.

* Elección do dispositivo de entrada en función do traballo que se desenvolva, e o seu axuste en función do sistema informático.

* Realización de captacións dun mesmo orixinal con distintos equipos de entrada, facendo óptimas tódalas súas funcións e comparando os resultados.

* Decisión sobre tamaños e resolucións en función do equipo dispoñible e o traballo para facer.

* Localización, captura e almacenaxe de imaxes nas redes de comunicación e empresas de servicios dixitais.

Manipulación dixital das imaxes:

* Análise das posibilidades de manipulación de imaxes con programas infográficos.

* Elaboración de protocolos e rutas para acelerar e facilita-lo traballo.

* Combinación de técnicas dixitais coa tecnoloxía fotográfica máis tradicional.

* Utilización sistemática dos programas profesionais de manipulación dixital da imaxe máis usuais.

* Incorporación e utilización de filtros e outros accesorios.

* Utilización de periféricos para operacións de precisión.

* Introducción de texto, debuxos e gráficos nas imaxes dixitais desde outros programas, e viceversa.

* Elección dos modos de cor en función da modalidade de impresión do arquivo.

Dispositivos de saída das imaxes dixitais:

* Lectura e interpretación das instruccións do fabricante dos equipos cos que se vai traballar, e valoración dos aspectos que son máis importantes e dos que son prescindibles.

* Configuración no sistema dos principais periféricos de saída de imaxes dixitais.

* Calibración dos dispositivos de saída en función dos parámetros de entrada e do monitor.

* Realización de probas de calidade de impresión con distintos sistemas.

* Realización de tarefas de mantemento e limpeza das impresoras.

* Manexo das filmadoras de película fotográfica de distintos formatos:

-Elección do ficheiro en función do traballo.

-Elección de soporte fotográfico.

* Elección na reproducción final do traballo de:

-Lineatura.

-Forma do punto.

-Ángulos e sistemas de tramado.

-Formato e orientación da imaxe.

-Marcas de rexistro.

* Análise dos resultados obtidos cos distintos dispositivos e adecuación ó traballo requirido.

Control de calidade nos procesos dixitais:

* Realización de probas intermedias.

* Identificación dos erros na impresión.

* Optimización dos parámetros de influencia na calidade de saída dos traballos.

* Realización de copias de seguridade en diversos formatos.

Contidos conceptuais

Requisitos dos equipos informáticos para o tratamento dixital das imaxes:

* Evolución dos ordenadores persoais.

* Partes fundamentais dun ordenador.

* Os ordenadores e os programas actuais para tratamento dixital da imaxe.

* O rendemento dos programas dependendo da velocidade e potencia do ordenador.

* Monitores de cor e tarxetas de vídeo.

Captación dixital da imaxe:

* Dispositivos de entrada de imaxe nun ordenador.

* Os escáneres.

* Cámaras de fotografía dixital e apoios dixitais.

* Tarxetas de captura de vídeo.

* Imaxes das redes informáticas.

* Soportes de disco.

* Procesos de captación de imaxe: resolución e tamaño.

* Sistemas de almacenamento de arquivos para imaxe.

* Sistemas de compresión das imaxes dixitais.

Manipulación dixital das imaxes:

* Posibilidades da edición dixital das imaxes.

* Programas de manipulación dixital de imaxes e as súas posibilidades:

-De edición.

-De retoque.

-De deseño gráfico.

-De maquetación.

-De presentación.

* Filtros e outros accesorios.

* As táboas gráficas, os lapis electrónicos e os lapis ópticos.

Dispositivos de saída das imaxes dixitais:

* Impresoras: evolución e características:

-De chorro de tinta.

-Láser.

-De sublimación.

* Soportes na impresión e filmación da imaxe dixital.

Control de calidade nos procesos dixitais:

* O acabado dixital e o tradicional.

* Parámetros avaliables da calidade das imaxes: resolución, densidade, tons, liñas...

* Factores que inflúen na calidade.

Contidos actitudinais

* Actitude crítica fronte ás prestacións e conveniencia de uso dos programas para tratamento dixital das imaxes.

* Esforzo por manterse atento á actualidade no eido da tecnoloxía dixital (programas, maquinaria e aparellos ), analizando a conveniencia de renovalas segundo as necesidades específicas dos traballos que se realicen.

* Interese polo mantemento e adaptación ós novos deseños operativos e programas daquelas ferramentas que previsiblemente non van sufrir cambios tecnolóxicos significativos.

* Esforzo por que os equipos e as condicións nas que se desenvolve o traballo sexan o máis saudables posible, evitando exposicións prolongadas, equipos sen protección, posturas inadecuadas, mala iluminación e ventilación, etc.

* Comportamento rigoroso na custodia e almacenaxe, en condicións de seguridade, dos orixinais dixitalizados.

* Hábito de gravar frecuentemente e realiza-las copias de seguridade necesarias en previsión de fallos que se poidan dar ou cometer e que provoquen a perda das tarefas e procesos que se estean a facer.

* Coidado de non introducir no ordenador excesivos soportes de orixe e contido descoñecidos para evitar, no posible, a entrada nos discos duros de virus informáticos; así como de comprobar en cada sesión (co pertinente programa anti-virus suficientemente renovado) a non existencia de ningún deles no sistema.

* Comportamento coidadoso no uso e protección dos equipos evitando a súa exposición a elementos (po, humidade, etc.) ou circunstancias (treboadas, etc.) que poidan altera-lo seu correcto funcionamento.

* Actitude crítica con respecto ó uso das técnicas dixitais, evitando substituí-la calidade pola comodidade.

* Esforzo en potenciar, sempre que sexa posible, a combinación eficaz de técnicas clásicas, analóxicas ou fotoquímicas coas dixitais.

3.2.4. Módulo profesional 4: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa:

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 5: procesos de imaxe fotográfica:

Capacidades terminais elementais

* Distingui-las distintas etapas na producción fotográfica e cinematográfica e subliña-los fins perseguidos e os medios de que se dispón en cada unha delas.

* Enumera-las distintas empresas e profesionais no sector fotográfico e cinematográfico, explicando a súa actividade e función no proceso de producción foto-cinematográfica.

* Describi-lo proceso de formación de imaxes ópticas nos sistemas estenopeicos.

* Explica-la consecución de imaxes ópticas con lentes, as súas aberracións e correccións e a súa utilización na construcción de obxectivos.

* Establece-lo ángulo visual dos obxectivos segundo o formato para o que se usan e distingui-las distintas calidades de imaxe e perspectivas que ofrecen para seleccionalos nun traballo.

* Relaciona-las ópticas fotográficas coa súa influencia na composición da imaxe.

* Recoñece-los distintos tipos de cámaras fotográficas usadas na actualidade polas súas prestacións, formatos de traballo, compoñentes e aplicacións, e contrastalas coas antigas.

* Cargar e descarga-las películas de cámaras fotográficas, detectando e resolvendo os problemas que puideran xurdir.

* Describi-los principais sistemas de obturación e visionado empregados nas cámaras de cinema e fotografía, e subliña-las súas vantaxes e inconvenientes.

* Seleccionar filtros para a toma de imaxes segundo pretensións estéticas determinadas e correccións técnicas necesarias.

* Recoñecer e describi-la utilidade dos principais accesorios e aparellos de apoio na toma fotográfica e cinematográfica.

* Describi-los equipos básicos de iluminación utilizados nas tomas fotográficas e rodaxes cinematográficas.

* Utilizar sistemas de iluminación seleccionando as fontes e os accesorios máis axeitados para acadar unha imaxe determinada.

* Relaciona-los distintos tipos de luces segundo o eixe cámara-motivo, a súa natureza e o seu tamaño, cos efectos que cada un lle proporciona á imaxe.

* Diferenciar e aplica-las distintas formas de medición fotométrica, xustificando a súa elección.

* Estima-la evolución do tratamento da luz na pintura e a súa influencia na historia da fotografía.

* Explicar e compara-las distintas teorías da cor indicando as utilizadas en fotografía e cinematografía.

* Efectua-las correccións oportunas para equilibra-lo tipo de iluminación e o material fotosensible utilizado, creando efectos cromáticos cando sexa necesario.

* Identifica-las variables e elementos formais na composición de imaxes: ritmo, perspectiva, relación entre figura e fondo, textura, volume, cor, etc., e xustifica-lo seu valor expresivo e a súa elección para producir unha imaxe determinada.

* Elixi-los equipos e accesorios máis axeitados á composición procurada para acada-lo tipo de composición máis acertado nunha imaxe.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

A imaxe fotográfica:

* Experimentación das posibilidades de formación de imaxes con diferentes sistemas ópticos.

* Análise das características das imaxes ópticas reais e virtuais e do comportamento dos distintos tipos de lentes.

* Detección das aberracións ópticas e procura de correccións.

* Valoración da calidade de imaxe dos obxectivos comerciais.

* Realización de tomas utilizando controis para varia-la profundidade de campo, foco, ángulo visual e perspectiva.

* Recoñecemento de ópticas a partir da visualización de imaxes fotográficas e cinematográficas.

* Transporte e protección das ópticas.

A cámara e o equipo fotográfico e cinematográfico:

* Recoñecemento das partes da cámara: manexo e verificación do seu funcionamento:

-Comprobación dos sistemas de carga, arrastre, control de avance, contador, bobinado, rebobinado e descarga.

-Carga e descarga de películas en cámaras de todo tipo de formatos.

-Verificación de controis específicos das cámaras cinematográficas.

* Realización de tomas con cámaras de distintos formatos comparando resultados.

* Verificación da influencia dos sistemas de obturación nas imaxes fotográficas e as súas posibilidades técnicas e creativas.

* Comparación de distintos sistemas de visionado e de enfoque.

* Avaliación da rapidez e utilidade de distintos sistemas de autoenfoque.

* Comprobación da efectividade dos sistemas de medición de luz incorporados nas cámaras.

* Utilización de filtros para branco e negro e cor con fins creativos e de corrección.

* Incorporación e utilización doutros accesorios fotográficos e cinematográficos.

Luz, fotometría e exposición:

* Manexo de fotómetros, relacionando as distintas magnitudes medibles da luz e as súas unidades.

* Manexo de exposímetros na toma fotográfica.

* Manexo de termocolorímetros.

* Manexo do flash:

-Flash en cámara.

-Flash de estudio.

-Utilización de flash con luz continua.

* Realización de tomas fotográficas con luz natural, luz artificial continua e flash.

* Preparación de equipos de iluminación para efectuar tomas fotográficas.

* Comprobación visual do efecto das fontes de luz no motivo fotográfico variando distintos parámetros e accesorios.

A cor:

* Verificación da composición espectral da luz e da consecución das cores.

* Comprobación da percepción humana da cor e as súas posibles significacións.

* Realización de tomas utilizando controis e accesorios para varia-lo resultado cromático.

* Detección de desequilibrios cromáticos e erros na reproducción das cores.

As posibilidades expresivas:

* Comparación entre estilos fotográficos e pictóricos.

* Análise de imaxes publicitarias e de prensa valorando a súa composición, factura técnica, mensaxe, contidos subliminais, etc.

* Realización de distintos temas fotográficos, traballando cos parámetros e estilos de composición máis axeitados para cada caso.

Contidos conceptuais

A industria fotográfica e cinematográfica:

* Evolución comercial da fotografía.

* A aplicación dos descubrimentos ópticos, mecánicos e químicos no desenvolvemento do cinema.

* A cadea de producción fotográfica.

* Fases no proceso de producción cinematográfica.

A Imaxe fotográfica:

* A formación das imaxes ópticas:

-Sistemas estenopeicos e xoguetes ópticos.

-Lentes e obxectivos: distancia focal e hiperfocal; profundidade de campo e de foco; poder de cobertura e ángulo visual; perspectiva e calidade de imaxe; evolución tecnolóxica no deseño de obxectivos.

* Ópticas para fotografía e cinematografía.

* Accesorios para os obxectivos.

A cámara e o equipo fotográfico e cinematográfico:

* A cámara fotográfica:

-Evolución histórica.

-Partes principais.

-Formatos de traballo.

-Compoñentes incorporados.

-Prestacións avanzadas.

* Accesorios e complementos do equipo fotográfico.

* A cámara cinematográfica:

-Evolución histórica.

-Formatos de traballo.

-Prestacións e controis específicos.

* Accesorios fundamentais na toma cinematográfica.

Luz, fotometría e exposición:

* Natureza da luz e os seus efectos na súa transmisión.

* Parámetros da luz que hai que considerar na toma fotográfica e cinematográfica.

* Os estilos artísticos e a luz.

* Tipoloxía das fontes luminosas:

-Luz natural e luz artificial.

-Luz grande e pequena.

-A luz na escena.

* Aparellos e accesorios de iluminación.

* A medida fotográfica da luz:

-Aparellos de medición: fotómetros e exposímetros.

-Métodos de medición: luz reflectida e luz incidente.

* A exposición fotográfica e as súas posibilidades.

A cor:

* A percepción humana da cor; efectos psíquicos e significados culturais.

* As teorías da cor e a fotografía.

* Composición espectral da luz:

-Temperatura de cor.

-Curvas espectrográficas.

-Matiz, luminancia e saturación.

* Sistema de análise e representación da cor.

* A reproducción fotográfica das cores:

-Técnicas de corrección.

-A etalonaxe.

As posibilidades expresivas:

* A linguaxe específica da fotografía.

* Marco e ventá: o encadramento e a selección da realidade.

* A composición das imaxes visuais e os seus elementos.

* A fotografía e a comunicación: función das imaxes fotográficas na sociedade actual.

Contidos actitudinais

* Comportamento coidadoso no manexo e transporte de cámaras, ópticas e equipos de iluminación, seleccionando os medios de protección máis seguros para o equipo.

* Aceptación das funcións que corresponde realizar nos traballos de grupo, sen interferir nas tarefas dos demais compoñentes do equipo e valorando a importancia que o traballo propio ten para o resultado final do traballo encomendado ó grupo.

* Comportamento rigoroso e sistemático na comprobación dos equipos e instalacións eléctricas en que se van efectua-las conexións, valorando a importancia de actuar seguindo as normas de seguridade establecidas.

* Esforzo por non executar accións innecesarias e/ou arriscadas cos equipos e instalacións.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Describi-los equipos da planta de procesado de material fotosensible e relacionalos coa súa localización e utilización.* Identifica e avalia-las características dos materiais orixinais cos que se traballa no laboratorio (películas, material fotoquímico virxe, formatos dixitais...).
* Identifica a maquinaria de procesado fotoquímico e de tratamento dixital, en relación coas súas funcións no laboratorio profesional.
* Identifica-los productos químicos e describi-lo seu uso e condicións de traballo e almacenamento.

2.Realiza-la recepción, etiquetaxe protocolaria e preparación dos materiais para procesar.* Identifica-los materiais co procesado que lles corresponde.

* Formaliza-los impresos protocolarios relativos a cada material e ó seu procesado, incluíndo as posibles variacións segundo o gusto do cliente.

* Calcula-la compatibilidade entre formatos e tamaño de copias.
* Seleccionar elementos, maquinaria e productos químicos necesarios para a execución dos procesados.

3.Realizar operacións de axuste e mantemento dos equipos e maquinaria que interveñen nos procesos executados no laboratorio.* Realizar operacións para calibra-los equipos de entrada e saída.

* Selecciona-lo tipo de tratamento e sistemas de obtención de probas segundo o producto que se pretenda conseguir.

* Realizar operación de montaxe de orixinais no escáner, seleccionar programas adecuados, calibrar monitores e conectar contornos de rede e periféricos en función da calidade requirida.
* Realizar operacións de axuste, montaxe e adaptación dos elementos da maquinaria para o procesado fotoquímico.
* Subministrar solucións químicas e material fotosensible necesario.
* Preparar manualmente productos químicos para o procesado; comproba a súa efectividade e rexenera ou substitúe os mesmos.
* Realiza-las operacións básicas de mantemento segundo procedementos establecidos.

4.Realizar operacións de tratamento dixital de imaxes.* Obter imaxes dixitais para o seu tratamento na pantalla, empregando distintos sistemas de entrada e axustando os parámetros que esixa a calidade desexada.
* Seleccionar programas de tratamento dixital e utiliza-las súas ferramentas informáticas nas imaxes dixitalizadas para acada-los resultados previstos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Filmar e impresionar imaxes tratadas segundo os parámetros adecuados á calidade requirida.

5.Realizar e controla-lo procesado de soportes fotográficos.* Determina-lo procesado para realizar seguindo a información protocolaria especificada para cada material sensible.
* Segui-las fases do procesado comprobando que se realizan segundo a orde e parámetros establecidos.
* Controlar e protexe-lo material de procesado.
-Etiquetar e preservar películas negativas procesadas.
-Enmarcar e envasar diapositivas.

6.Realizar e controla-lo proceso de ampliación de imaxes fotográficas.* Calcula-lo grao de ampliación seguindo as instruccións pertinentes.
* Axusta-los controis da maquinaria de positivado e incorpora-los elementos necesarios para consegui-la calidade de copia requirida.
* Comproba-la efectividade dos productos químicos para utilizar no positivado.
* Seleccionar caché para consegui-lo encadramento máis axeitado.
* Realizar probas para establecer tempo de exposición, apertura de diafragma e filtraxe de cor por procedementos manuais e automáticos.
* Realizar copias finais seguindo as probas previas por contacto e por ampliación, manual e automaticamente.
* Realizar correccións por medio de reservas, enmascarados, etc.
* Realizar efectos fotográficos especiais nas copias positivas: solarización, posterización, viñeteado, coloración, etc.
* Realizar traballos de acabado e presenta-las copias positivas seguindo as instruccións pertinentes e as posibilidades do material.
* Protexe-las copias positivas ata a súa entrega ó cliente.

7.Aplica-las normas e procedementos sobre seguridade, hixiene e ambiente.* Identificar e preve-los riscos asociados ás instalacións e equipos de producción da empresa.
* Aplica-las normas de seguridade e ambientais implicadas na producción.
* Identificar e usa-la roupa, accesorios e equipos de protección individual.
* Identificar productos perecedoiros utilizados na producción, procedendo á súa substitución ou rexeneración segundo o caso.

8.Comportarse de forma responsable no centro de traballo e no trato co público, e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.* Analiza-las repercusións que cada actividade desenvolvida causa no sistema productivo.

* Mante-la orde de prioridade no cumprimento das tarefas segundo as normas e procedementos establecidos pola empresa.

* Mante-la área de traballo co grao apropiado de orde e limpeza.
* Desenvolve-lo traballo con responsabilidade, comunicando calquera anomalía ás persoas adecuadas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de laboratorio de imaxe:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Revelado de soportes fotosensiblesTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesor técnico de FP

2Positivado, ampliación e acabadosTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesor técnico de FP

3Tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitaisTécnicas e procedementos de imaxe e sonProfesor técnico de FP

4Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación

laboral

Profesor de ensino secundario

5Procesos de imaxe fotográficaProcesos e medios de comunicaciónProfesor de ensino secundario

6Formación e orientación

laboral

Formación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

ImaxeProcesos e medios de

comunicación

Profesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación

laboral (1)

Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación

laboral (1)

Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de laboratorio de imaxe require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Aula técnica90 m60 m25%

Laboratorio fotoquímico90 m60 m40%

Taller de fotografía120 m90 m20%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Revelado de soportes fotosensibles.

* Positivado, ampliación e acabados.

* Tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitais.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Revelado de soportes fotosensibles.

* Positivado, ampliación e acabados.

* Tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitais.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

215Revelado de soportes fotosensibles

215Positivado, ampliación e acabados

215Tratamento de imaxes fotográficas por procedementos dixitais

105Procesos de imaxe fotográfica

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.