Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.960

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO LOCAL OS PEARES

ANUNCIO.

Por acordo do Consello Xeral do Consorcio Local Os Peares, do 28 de setembro de 2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente, para a contratación por concurso da obra: edificio para o consorcio, e por decreto da Presidencia do 28 de setembro de 2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente, para a contratación por concurso da obra de: praia fluvial nos Peares, marxe dereita, os cales se expoñen o público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, BOP de Lugo ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: presidente do Consorcio Local Os Peares a obra praia fluvial nos Peares, marxe dereita.

Organismo: Consello Xeral a obra edificio para o consorcio.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto dos contratos: descrición.

a) A execución da obra: edificio para o consorcio, 1ª fase, segundo o proxecto básico e de execución redactado polos arquitectos Javier Neira e Víctor Collazo. Prazo de execución: 9 meses.

b) A execución da obra: praia fluvial nos Peares, marxe dereita, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro industrial José Luis Sousa López. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Obra de: edificio para o consorcio; o orzamento execución de contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 14.000.003 pesetas.

b) Obra de: praia fluvial nos Peares, marxe dereita; o orzamento xeral e tipo de licitación ascende á cantidade de 28.452.415 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento xeral.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consorcio Local Os Peares.

b) Domicilio: A Peroxa.

c) Localidade: Os Peares. CP 32440.

d) Teléfono: 988 20 01 40.

e) Fax: 988 20 01 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Obra: praia fluvial nos Peares, marxe dereita; esixe a cualificación: E5D e E7D.

Obra: edificio para o consorcio; non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, BOP de Lugo ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base décimo novena de cada prego.

c) Lugar de presentación: Consorcio Local Os Peares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Local Os Peares.

b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

Os Peares, 29 de setembro de 2000.

Manuel Seoane Rodríguez

Presidente do consorcio