Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de concurso.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para os concursos que se relacionan, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de con

dicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de concursos:

-Contratación do aluguer de maquinaria con conductor para o ano 2001.

-Contratación do servicio de limpeza de edificios provinciais durante o ano 2001.

-Subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes durante o ano 2001.

Ourense, 4 de outubro de 2000.

O presidente

Rubricado