Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

ANUNCIO de información pública de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión do día 13 de setembro de 2000, prestoulle a súa aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiaras de planeamento deste concello, no relativo a diversos aspectos do texto das normas e ordenanzas polas que se rexen.

Exponse o expediente á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que estimen pertinentes.

Salvaterra de Miño, 18 de setembro de 2000.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde