Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (modificación do PXMO).

O Concello Pleno, en sesión do día 29 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente a nova ordenanza 3 de transición ó cuarteirón que substituirá a actualmente en vigor do PXMO.

A teor do artigo 34 da LSG o acordo de aprobación inicial dos instrumentos de ordenación determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. En consecuencia o acordo plenario do 29 de xuño do ano dous mil supón a suspensión de outorgamento de licencias na ordenanza 3 de

transición ó cuarteirón e na súa variante 3B do núcleo tradicional de Perillo.

Oleiros, 25 de setembro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta