Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 5 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Comunícase que está aberto ata o día 15 de outubro de 2000, o prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, para as seguintes disciplinas: mantemento de vehículos, soldadura, producción en artes gráficas, técnicas de estampación e gravado e técnicas de xoiería.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal