Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, trámite de urxencia e procedemento aberto, da asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental da vía de alta capacidade de conexión da Mariña Lucense coa autovía do Cantábrico. (Clave LU/00/63.0).

Concurso procedemento aberto.

Orzamento: 73.103.200 ptas. (sesenta e tres millóns cento tres mil duascentas pesetas), equivalente a 439.359,08 euros.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios Administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.

2. Procedemento de adxudicación.

Concurso aberto.

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b) .

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada no parágrafo 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Haberá que aterse ó especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato.

15 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o indicado no punto número 1.

b) Data límite para presentación de proposicións:

20 de novembro de 2000 ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 30 de novembro de 2000, ás 11 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.462.064 pesetas), equivalente a 8.787,18 euros.

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (2.924.128 pesetas), equivalente a 17.574,36 euros.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no parágrafo 12 do prego de cláusulas técnicas particulares.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de 2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

17. Data de envío do anuncio.

29 de setembro de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

29 de setembro de 2000.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda