Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 230/2000, do 29 de setembro, polo que se crea o conservatorio de música de grao elemental dependente do Concello de Gondomar (Pontevedra).

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administra

ción do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Examinado o expediente promovido polo concello de Gondomar (Pontevedra), en solicitude de creación do conservatorio elemental de música dependente do dito concello, para imparti-las ensinanzas de grao elemental de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra sobre o cumprimento efectivo, por parte do dito concello, dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

En uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o conservatorio de música de grao elemental dependente do concello de Gondomar.

Artigo 2º

Neste conservatorio impartiranse as ensinanzas de música reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, desenvolvidos no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo de grao elemental e de grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Artigo 3º

Este centro queda sometido ó réxime común docente dos conservatorios de musica e seralle de aplicación a normativa vixente sobre centros de ensinanzas artísticas.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria