Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de outubro de 2000 pola que se dictan normas para garanti-los servicios mínimos durante a folga indefinida convocada pola representación sindical dos traballadores da empresa Mantenimiento y Conservaciones Ibéricas, S.A. (Maconsi, S.A.), adxudicataria do servicio de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e que comezará o día 9 de outubro de 2000.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 en relación co artigo 1 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, (DOG nº 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 do mencionado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios afectados, para que, mediante orde, e ante cada situación do folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

O comité de empresa de Maconsi, S.A., adxudicataria dos servicios de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, en escrito de data 20 de setembro de 2000, que tivo entrada no rexistro xeral da Xunta de Galicia o día 23 seguinte, comunica a convocatoria de folga indefinida que afectará ós edificios administrativos da Xunta de Galicia que son obxecto do contrato administrativo que ampara a dita actividade.

Ante o carácter indefinido da duración da folga convocada, cómpre regula-los servicios que se consideran estrictamente indispensables para garanti-la hixiene e a saúde das persoas que, ben por razóns de dependencia funcionarial ou por razóns de carácter privado, acceden diariamente ás dependencias administrativas da Xunta de Galicia.

Non se trata, mediante esta orde de establecer servicios que, aínda sendo necesarios a axeitada funcionalidade e correcta imaxe institucional e corporativa que debe presenta-la Administración pública, tales como a aconsellable pulcritude de despachos e dependencias, non resultan estrictamente imprescindibles en relación co dereito constitucional de folga, senón de ampara-la salubridade e saúde das persoas que en número moi importante e superior, en todo caso, ás dúas mil cincocentas, desempeñan a súa actividade nos edificios administrativos da Xunta de Galicia ou acceden a eles diariamente para resolver asuntos que os afectan como cidadáns.

Os perigos derivados da interrupción do servicio de limpeza, segundo se desprende do informe emitido pola Dirección Xeral de Saúde Pública, concrétanse na acumulación de residuos e de sucidade provocados pola suspensión das actividades normais de limpeza, que poden dar lugar tanto á aparición de focos infecciosos como alerxénicos (po e ácaros). Os focos infecciosos poden producirse, principalmente, nos servicios hixiénicos ós que accede o público, aínda que poderían aparecer noutros puntos se se producira unha acumulación de residuos orgá

nicos. Os focos alerxénicos poden producirse en calquera das dependencias pola acumulación de po e de residuos de material de oficina.

As vías de exposición das persoas que accedesen ós edificios administrativos serían, aeróxena para os focos alerxénicos, e dixestiva (feco-oral) e por contacto, para os focos infecciosos.

Cabe, pois, afirmar que unha situación prolongada no tempo, contribuiría a aumenta-la exposición a estes perigos e á posible aparición de procesos patolóxicos. Todo esto sen ter en conta situacións de molestias, referidas, principalmente, a olores e a aspectos estéticos que para os usuarios dos servicios poderían ter.

Tendo en conta as consideracións anteriores, faise indispensable establece-los servicios mínimos estrictamente imprescindibles para salvagarda-la hixiene sanitaria que, doutra forma, e potencialmente, pode verse afectada.

Na actualidade existen, nos edificios administrativos trescentos vinte dous (322) servicios hixiénicos ou aseos, que requiren de limpeza diaria empregándose para esta actividade un tempo de oitenta con cinco sobre cen horas polo que este traballo ocuparía a dez traballadores en xornada de sete horas e media.

Así pois, establécense servicios mínimos única e exclusivamente referidos á limpeza dos servicios hixiénico-sanitarios deixando o resto das dependencias sen a realización da actividade de limpeza.

En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-la limpeza dos servicios hixiénico-sanitarios dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, durante a folga que carácter indefinido convocou o comité de empresa de Mantenimiento y Conservaciones Ibéricas, S.A. (Maconsi, S.A.) a partir das 0 horas do día 9 de outubro de 2000, será o que, de acordo co cadro que figura como anexo a esta orde, se sinala a continuación:

* Limpeza de servicios hixiénico-sanitarios.

* Frecuencia: diaria.

* Número de traballadores/as: dez (10).

Artigo 2º

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será designado pola empresa, que o fará de forma rotatoria.

Artigo 3º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente na materia.

Artigo 4º

O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

RELACIÓN DE ASEOS NOS EDIFICIOS DA XUNTA DE GALICIA

DEPENDENTES DO SERVICIO DE LIMPEZA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

EdificiosAseosHoras

Edificio central287

Edificio frontal esquerdo389,50

Edificio frontal dereito389,50

Edificio posterior dereito82

Edificio posterior esquerdo256,25

Edificio Palacete41

Edificio Pirámide164

Edificio estación de autobuses20,50

Vestiario policías20,50

Estafeta de correos20,50

Edificio Mazarelos71,75

Edificio Raxoi51,25

Edificio Casa da Parra71,75

Edificio Algalia61,50

Edificio Avda. Coruña20,50

Edificio Camiño Francés51,25

Edificio San Lázaro Sanidade123

Edificio Multiusos82

Edificio Sar61,50

Edificio A Barcia102,50

Edificio Salgueiriños133,25

Edificio policía Fontiñas123

Edificio San Lázaro Educación61,50

Edificio Área Central 4º51,25

Edificio Área Central 2º51,25

Edificio San Marcos123

Edificio naves polígono20,50

Edificio Feáns (nº 3 e 5)61,50

Edificio Feáns I+D, M. Amb.102,50

Edificio Señarís153,75

Montes51,25

TOTAL 32280,5

Necesidades de persoal mínimo para a limpeza dos aseos:

Estimando que para un mínimo de limpeza diaria destes aseos se necesitan 15 minutos por aseo:

-Complexo de San Caetano: 40,75 horas 5,22 xornais día.

-Edificios exteriores: 39,75 horas 5,09 xornais día.