Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

ANUNCIO.

Contratación por concurso aberto para a execución da obra de saneamento e pavimentación na Portela de Lamas e outros.

Obxecto: execución das obras de saneamento e pavimentación na Portela de Lamas e outros.

Orzamento: 6.755.911 pesetas.

Garantías:

Provisional: 135.118 pesetas.

Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 4 meses.

Información: Concello de Forcarei (Secretaría).

Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Forcarei, 18 de setembro de 2000.

David Raposeiras Correa

Alcalde