Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

ANUNCIO.

O Concello de Folgoso do Courel (Lugo) aprobou a proposta de delimitación e acreditación da preexistencia dos núcleos de Piñeira, Seoane, Folgoso, Moreda, Paderne e Vilamor, coa fixación das ordenanzas aplicables, así como a fixación das alturas dos edificios nos mencionados núcleos, para os efectos do disposto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Os expedientes sométense a información pública polo prazo dun mes para os efectos de exame e reclamacións.

Do mesmo xeito e polo mesmo prazo expóñense os expedientes de solicitude de licencias de obra e actividade de rehabilitación de varios inmobles para o seu destino a turismo rural, tramitados por instancia dos promotores e nos núcleos que a seguir se relacionan: núcleo de Vilamor: Dosinda López Macía e Juan Carlos Rodríguez López (dous expedientes); núcleo de Paderne: Emma López López; núcleo de Seoane: María Nieves López Valín; núcleo de Moreda: Esperanza Ochoa Gallego.

Folgoso do Courel, 14 de setembro de 2000.

José López Fontal

Alcalde