Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.821

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2000 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola Orde do 16 de xuño de 2000 convócase concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto na base décima da orde de convocatoria,

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de méritos específico, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2000 (DOG do 20 de xuño).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria