Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.821

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de setembro de 2000 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 180, do venres, 15 de setembro de 2000, cómpre realiza-las oportunas correccións:

Na páxina 13.037, no anexo I «Modalidade: acceso libre», na «ESPECIALIDADE: EDUCACIÓN INFANTIL», no posto nº 17, onde di: «MONTES RODRIGUEZ, Mª ISABEL», debe dicir: «PEREZ RODRIGUEZ, Mª ISABEL».

Na «ESPECIALIDADE: E.E.-PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA», no posto nº 17, onde di: «VEREA ARGIBAY, Mª JOSE», debe dicir: «VEREA ARGIBAY, Mª PAZ».

No anexo II «Modalidade: adquisición de nova especialidade», na «ESPECIALIDADE: E.E.-AUDICIÓN E LINGUAXE», onde di: «1 REGUEIRO PEREZ, ANA MARIA...», debe dicir: «1 REGUEIRA PEREZ, ANA MARIA...».