Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 4 de agosto do ano que corre, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir, en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna, unha praza de administrativo de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público de 2000 (BOE número 208, do 30 de agosto).

As expresadas bases e o programa da convocatoria publicáronse integramente no BOP de Lugo número 217, do 20 de setembro de 2000.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.

A Pastoriza, 25 de setembro de 2000.

José Yáñez García

Alcalde