Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente da obra: Mercado en Pacios-Paradela.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2000, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra: Mercado en Pacios (Paradela), polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Concurso.

Simultaneamente, de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso de referencia, aínda que a licitación se aprazará, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que as resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución da obra incluída no proxecto Mercado en Pacios-Paradela.

b) Lugar de execución: Paradela.

c) Prazo de execución: dez (10) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 106.760.150 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono: 982 54 11 01/96. Fax: 982 54 12 32.

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Documentación que hai que presentar: sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación a que se refire a cláusula 12.2º do prego.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusulas 12.3º.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

10. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Paradela, ás doce horas do quinto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no caso de ser sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 28 de setembro de 2000.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente