Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de setembro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de concesións de aprazamento ou fraccionamento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Acuña Lagos, Eliezer e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de concesión de aprazamento ou fraccionamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación dos artigos 48 e seguintes do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de setembro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Acuña Lagos Eliezer

DNI: 52.495.097-N

r/ Tiro Naval Janer,42, P-2

Marín

Acordo concesión aprazamento/fraccionamento de transmisións patrimoniais.

Expte.: 2016/00

Liq. 600900178665

Tato Souto, Juan Carlos

DNI: 76.822.374-M

Av/ do Parque, 35-P.2-D

Silleda

Acordo concesión aprazamento/fraccionamento de sanción.

Expte.: 2599/99

Liq. 990023478