Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.716

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (490/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 490/1999, se dictou esta resolución, que di:

Tense por interposto en tempo e forma o recurso de apelación contra a sentencia dictada, o cal se admite a trámite. Déaselles traslado ás partes comparecidas no prazo común de dez días co fin de que, se o consideran conveniente, presenten escrito de impugnación ou adhesión e, unha vez transcorrido este prazo, elévense estes autos á Audiencia Provincial, con tódolos escritos presentados.

E para que conste e lle sirva de notificación e traslado de apelación de sentencia a José Manuel Larido Rebollido, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, o catorce de setembro de dous mil.

secretaria

Rubricado