Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.715

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE VIGO

EDICTO (87/2000).

Eu, Consuelo Bobillo Fresco, secretaria xudicial accidental do Xulgado de Instrucción número catro de Vigo, dou fe e testemuño: de que no xuízo de faltas nº 87/2000, se acordou citar a Eduardo Cifuentes Rivas, co fin de que o vindeiro vintesete de outubro, ás 13 horas, asista na sala de vistas deste xulgado, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por agresión, en calidade de denunciante. Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

E para que conste e lle sirva de citación a Rubén Darío Bastos Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Vigo o 13 de setembro de 2000.

A secretaria xudicial

Rubricado