Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de setembro de 2000, acordou prestar aprobación ó proxecto técnico e ó prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerán a contratación polo sistema de concurso, en procedemento aberto e por vía de urxencia, da obra denominada: acondicionamento de rúas no conxunto histórico. Fase segunda (rúa Alfonso VII), por un orzamento total de 25.000.000 de ptas. (IVE incluido), e sometelo a exposición pública na secretaría do concello (praza do Concello, nº 1), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinalo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Ó mesmo tempo anúnciase o concurso para a contratación da mencionada obra, durante o mesmo prazo, aínda que a licitación quedará aprazada en caso de que se presentasen reclamacións.

Anuncio de concurso de obras.

Obxecto de licitación: a execución mediante concurso en procedemento aberto, por vía de urxencia, da obra denominada: acondicionamento de rúas no conxunto histórico. Fase segunda (rúa Alfonso VII), cun orzamento de contrata de 25.000.000 de ptas.

Tipo de licitación máximo: coincidirá co orzamento de contrata (IVE incluído); pode ser mellorado á baixa.

Fianzas: a fianza provisional establécese no 2% do orzamento de contrata e a definitiva será do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación do contratista: grupo G, 6, d.

Presentación de proposicións: na secretaría do concello (praza do Concello nº 1), das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

Apertura de proposicións: farase na casa do concello ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas, o proxecto técnico e o resto da documentación do expediente poderanse examinar da secretaría do concello, en horas de oficina.

Mondoñedo, 22 de setembro de 2000.

Armando González Barreira

Alcalde en funcións