Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 15 de setembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle dunha parcela no lugar de Pedralonga, presentado por Promotora Carballesa, S.A., aínda que deberán terse en conta as precisións sinaladas no informe técnico municipal.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio do Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avda. da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación serán satisfeitos por Promotora Carballesa, S.A.

A Coruña, 22 de setembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo