Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/132-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Machado.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 835 m de lonxitude, con orixe no C.T.C. Mosteirón (expte. 10813) e final no C.T.C. Machado que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Machado, do que parte rede aérea de baixa tensión, sobre apoios de formigón e condcutor R.Z., de 567 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Mosteirón, O Carballal e Bertín. Sada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 12 de setembo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña