Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/80-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV en Cerceda.

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: acometida da liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al de 60 m de lonxitude, con orixe na liña Mesón-Vilar (expte. 31479) e final no C.S. de Vilar de Udesa, de 2.500 kVA. Cambio de tensión para 20 kV das seguintes instalacións: liña de media tensión derivada a Fins (expte: 31295). Liña de media tensión Cerceda-Lavandeiras. Liña de media tensión Cerceda-Sobre da Fonte. Liña de media tensión Cerceda-Pumar. Centros de transformación: C.T.A. Pantoxo, de 50 kVA (expte. 50312). C.T. Francelos de 50 kVA (expte. 50312). C.T. Gontán de 100 kVA (expte. 33938). C.T. Bambas M. Meirama (particular Gontán). C.T. Cotiño de 25 kVA (expte. 52507). C.T. Bambas de Meirama (particular) en Cotiño. C.T. Quintáns, de 250 kVA (expte. 30352). C.T. Picota de 160 kVA (expte. 33983). C.T. Lango de 160 kVA (expte. 52602. C.T. Campo de Roxo de 160 kVA (expte. 31295). C.T. Tres Montes de 50 kVA (expte. 31295). C.T. Fins

de 100 kVA (expte. 31295). C.T. Birloque, de 100 kVA (expte. 525239). C.T. Lavandeiras de 160 kVA (expte. 9065). C.T. Campo Feira de 400 kVA (expte. 51214). C.T. Escolas de 250 kVA (expte. 51961). C.T. avda. Coruña de 400 kVA (expte. 32920). C.T. Ribasantas de 100 kVA (expte. 27465). C.T. Pumar de 50 kVA (expte. 31090). C.T. Xermar de 25 kVA (expte. 30955). C.T. Telefónica 100 kVA (particular). C.T. Radar de 400 kVA (particular). C.T. Vilar de 160 kVA (expte. 31479). C.T. Sobre da Fonte de 50 kVA (expte. 30966). C.T. Coto de Arriba de 50 kVA (expte. 32533) e C.T. Lousa de 100 kVA (expte. 95/80).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 8 de setembo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña