Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.646

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de setembro de 2000 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 161/2000, do 29 de xuño (DOG do 3 de xullo), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais».

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a María J. de Miguel Pérez, en substitución de Sonia Mª Fernández Barciela.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais