1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés (Pontevedra).
b) Dependencia: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de 2 vehículos contraincendios e salvamento urbano de primeira intervención BUL e 1 autobomba nutriz BUL con equipamento complementario.
b) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 110.000.000 de pesetas.
(661.113,31 euros).
5. Garantía provisional: 2.200.000 pesetas.
(13.222,27 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés.
b) Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.
c) Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP 36636.
d) Teléfono: 986 71 84 91.
e) Fax: 986 716 393.
f) Data límite de obtención de documentación e información: o día 11 de novembro de 2000.
7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o día 11 de novembro de 2000, ás trece horas.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés.
2ª Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.
3ª Rexistro xeral: das 9 ás 13 horas.
4ª Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP 36636.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses a partir da data de apertura das ofertas.
e) Admisión de variantes (concurso): non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ribadumia (Pontevedra).
b) Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.
c) Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP 36636.
d) Data: 17 de novembro de 2000.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios de publicación deste anuncio e dos que se publiquen noutros medios de difusión serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 20 de setembro de 2000.
Ribadumia, 20 de setembro de 2000.
Emilio Rodríguez Galiñanes
Presidente do Consorcio para o Servicio
Contraincendios e Salvamento da Comarca
do Salnés