Presentación.
1. A Asociación de Médicos Galegos, Asomega, organiza o Premio Nóvoa Santos, convocando a V edición.
2. Colabora con Asomega, nesta convocatoria, Caixanova.
Bases do premio.
1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina-sanidade, cun labor profesional ou científico de repercusión nacional ou internacional e especialmente de proxección cara a Galicia.
2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por: universidades, reais academias ou colexios profesionais de medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc. ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.
3. As solicitudes irán xunto coa seguinte documentación:
a) Un resumo do currículum vitae do candidato, nun máximo de 10 follas (15 copias).
b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato, nun máximo de 5 follas (15 copias).
4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario
que considere que foi motivo do Premio Nóvoa Santos.
5. Non poderán concorre-los membros da xunta directiva de Asomega.
6. As solicitudes e a documentación teñen un prazo límite de presentación que rematará o día 15 de outubro de 2000 e serán dirixidas ó secretario de Asomega; r/ Santa Cruz de Marcenado, 10-1º D, 28015 Madrid. Tlfno. 91 445 28 81, fax 91 445 28 38.
Premio.
1. O Premio Nóvoa Santos outórgao un xurado constituído pola xunta directiva de Asomega. Para tal fin terá lugar unha reunión da xunta directiva e a súa decisión, ante a que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.
2. O galardón consistirá en 1.000.000 de ptas., diploma e medalla conmemorativa do Premio Nóvoa Santos. O premio é indivisible.
3. No mes de novembro do mesmo ano a xunta directiva de Asomega faralle entrega do Premio Nóvoa Santos ó galardoado.
Rubricado