Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense, nº 207, do 8 de setembro de 2000, publicáronse integramente as bases e a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, dunha praza de persoal de oficios, encadrada na subescala de servicios especiais, escala Administración xeral, vacante no cadro de persoal deste concello.

O prazo de presentación de instancias para participar no concurso será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anunio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios deste concello.

Vilar de Santos, 13 de setembro de 2000.

Xosé Antón Jardón Da Cal

Alcalde