Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 18 de xullo de 2000, adoptou acordo polo que se modificou parcialmente o convenio urbanístico subscrito con Miraflores Sanxenxo, S.L. o 19 de novembro de 1988 e que se publicou no DOG número 117 do 16 de xuño de 2000 para os efectos previdos polo artigo 121.1º en relación co 50.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referenciado acordo plenario, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte á presente notificación, ante o Tribunal Superior de Xustiza ou o xulgado contencioso-administrativo nos casos sinalados no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-al resolución.

c) Calquer outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

Sanxenxo, 11 de setembro de 2000.

Joaquín Dominguez Bea

Alcalde en funcións