Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de montes 00/0017 e 00/0019.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Nomease instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación provincial; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e MAN, no primeiro caso, e polo delegado provincial de Medio Ambiente da Coruña, no segundo caso.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos da Coruña, e para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1389/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: M-2000/0017.

Denunciado: José Mª Touriñán Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Pedra do Lobo-Nebra, 15970 Porto do Son (A Coruña).

Feitos denunciados: corta ilegal de oito pés de pinus pinaster.

Tipificación: Lei de montes, artigo 411.

Sanción proposta: 17.600 ptas. multa máis 17.600 ptas. por danos e perdas.

Expediente: M-2000/0019.

Denunciada: Julia Amelia Lorenzo Otero.

DNI: 14.525.651.

Último enderezo coñecido: Barros, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña).

Feitos denunciados: cortar 10 carballos e 15 bidueiros sen autorización.

Tipificación: Lei de montes, artigo 432.1º.

Sanción proposta: 7.925 ptas.