Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos que se citan (procedementos 00/0603 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, no primeiro caso e polo conselleiro de Medio Ambiente nos dous últimos, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para presentaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente r.: 2000/0603.

Denunciado: Alegre Barrún, Alberto.

DNI: 52.451.012-H.

Último enderezo coñecido: Rocha Vella-Poza Real, 16, 15702 Santiago de Compostela.

Infracción: vertedura de plástico de embalaxe e plástico rotulado de publicidade.

Tipificación: artigo 34.4º.b) en relación co artigo 34.4º.c) da Lei de residuos.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente r.: 2000/0626.

Denunciado: Bombas de Hormigón, Contenedores y Transportes Santiago, S.L.

DNI: B-15.417.355.

Último enderezo coñecido: Río do Pozo-parc. 126, 15588 Narón (A Coruña).

Infracción: eliminación incontrolada por queima de residuos téxtiles.

Tipificación: artigo 34.3º.b) da Lei de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.

Expediente r.: 2000/0677.

Denunciado: Bouza Veiga, José Luis.

CIF: 32.525.624.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Rita, 25, 15510 Neda (A Coruña).

Infracción: depósito ó descuberto de lavadoras e frigoríficos.

Tipificación: artigo 34.3º.b) da Lei de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 pesetas.