Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 28 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 6005.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Cerámicas de Portomarín, S.C.L., con enderezo en Cortapezas, s/n, 27179 Portomarín (Lugo), presentou nesta delegación provincial, o día 17 de abril de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Pilar, de 180 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Guntín, Lugo e O Páramo da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6005 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1 -7º 38' 00'' 42º 54' 00''

2 -7º 33' 00'' 42º 54' 00''

3 -7º 33' 00'' 42º 50' 00''

4 -7º 38' 00'' 42º 50' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 28 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo