Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 154/1999).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que

se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV. Tambre II-Palmeira á subestación de Boiro (Boiro).

Liña eléctrica aerosubterránea de alta tensión a 66 kV, coa orixe na liña Tambre II-Palmeira (expte.: 50548), entre os apoios nº 75-76, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-280, de 6.436 m de lonxitude ata o apoio nº 38, seguido de tramo subterráneo baixo tubo con conductor R.H.Z.1-O.L. 36/66 kV de (1x630) mm Al, de 130 m de lonxitude, e final na subestación de Boiro. Termo municipal de Boiro.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados que se publicaron no DOG do 17-6-199 e no BOP do 21-6-1999, no xornal La Voz de Galicia do día 9-6-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Boiro; ó mesmo tempo notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector elétrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Asímesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita Lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os Decretos 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña