Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

Convocatoria de concurso: pavimentación do camiño Os Coutos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 273/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de pavimentación do camiño Os Coutos de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.500.000 pesetas, 57.096,14991 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo cadrase en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo cadrase en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos do punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que cadre en sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: Decreto do 19-9-2000.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, avda. de Portugal, fronte á praza do Concello, tfno.: 988 41 02 66.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 19 de setembro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde