Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto da presente asistencia é a realización dunha auditoría ambiental no Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 9.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de doce meses contados a partir da data de formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (se

cretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición.

D/Dª..... maior de idade, veciño de...... con enderezo en....., e DNI....., en nome propio ou en representación de....., manifesta o seguinte:

a) Como concursante e como adxudicatario se o fose, mostra a súa conformidade e acepta integramente o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas deste concurso e cantas obrigas deste se deriven.

b) Comprométese á prestación do servicio técnico ofertado ó prezo que se detalla (poñer en letras e cifras):

En..... a..... de..... de 2000

O/A Licitador/a (selo da empresa)

Asdo. (nome e apelidos)

Reclamacións: simultaneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2000.

P.D.

Luis Toxo Ramallo

Tenente alcalde