Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes de Lalín, que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais do seus asociados.

Asinan a acta de constitución: Inés García Fernández, e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 6 de setembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra