Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a diminución da cifra do capital social mínimo da cooperativa Confecciones Baiuca, S. Coop. Galega.

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 74.2º e no artigo 5.2º, parágrafo 2, da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e con carácter previo a súa inscrición, esta delegación provincial, fai público o acordo da diminución do capital social mínimo, aprobado pola asemblea xeral da cooperativa Confecciones Baiuca, S. Coop. Galega, celebrada o día 21-4-2000, quedando reducido á cantidade de 800.000 ptas.

A Coruña, 10 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña