Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Oleiros, 1ª fase (A Coruña). (Expediente 00/10-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A. con enderezo en edificio Área Central, local HIJ, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

A rede de distribución ten por obxecto abastecer de gas natural a zona que se vai gasificar no termo municipal de Oleiros, que corresponde co núcleo urbano de Perillo e Santa Cristina.

A rede está formada por un ramal de polietileno de diámetro 200 mm que parte da rede de Cambre e discorre paralelo á costa, ata chegar ó núcleo de Perillo. Desde o dito ramal parten á súa vez unha serie de ramais e aneis de diámetro 110 mm e 90 mm.

A lonxitude do ramal desde Cambre é de 2.000 m e a lonxitude da rede de distribución é de 9.111 m, sumando un total de 11.111 m de canalización.

A distribución de gas ós consumidores dos distintos mercados (doméstico, comercial e industrial) organízase a través dunha única rede en MPB.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o termo municipal de Oleiros, na provincia da Coruña.

Orzamento: noventa e nove millóns centro trinta e seis mil setecentas vintecinco pesetas (99.136.725 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren danadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderase examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo Monelos s/n, da Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria