Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de actuación de contornos urbanos na rúa Pintor Laxeiro (tramo comprendido entre a rúa Joaquín Loriga e avenida de Luis González Taboada) e avenida de Bos Aires (desde Pintor Laxeiro ata a rúa F) en Lalín (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 0006PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de actuación de contornos urbanos na rúa Pintor Laxeiro (tramo comprendido entre a rúa Joaquín Loriga e avda. de Luis González Taboada) e avda. de Bos Aires (desde Pintor Laxeiro ata a rúa F) en Lalín (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Lalín (Pontevedra).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta e un millóns seiscentas sesenta e catro mil catrocentas sesenta e catro (81.664.464) pesetas (490.813,31 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional dun millón seiscentas trinta e tres mil duascentas oitenta e nove (1.633.289) pesetas (9.816,26 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (dispensarase desta fianza a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de tres millóns duascentas sesenta e seis mil cincocentas setenta e nove (3.266.579) pesetas (19.632,54 euros), segundo o definido na letra I do cadro do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a cinco mil corenta (5.040) pesetas (30,29 euros).

6.2. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e).

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2º. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3º. Localidade e código postal: 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Acto público, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do décimo día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice a presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=42.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda