Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o sector da hostalería.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da hostalería, con nº de código 3600765 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-8-2000, subscrito en representación da parte económica pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería (Feprohos), Asociación de Empresarios de Hospedaje de Pontevedra (Asehospo) e Asociacióin de Salas de Fiestas y Espectáculos, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 27-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administracióin do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispeñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de agosto de 2000.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario Provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de hostalería, anos 2000/2001

I. Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito personal e territorial.

A regulación das condicións de traballo, a través da negociación colectiva contida no presente convenio, rexerá para as empresas e traballadores/as que, con centros de traballo radicados na provincia de Pontevedra, se dedican á actividade de hostalería, incluídas as recreativas e de ocio, e que carezan de convenio propio.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data en que se asine e da súa publicación no BOP, o presente convenio terá vixencia e efectos económicos desde o 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro de 2001.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes lexitimadas para iso, farase por escrito no que constarán os artigos que se pretendan renegociar, ou a proposta de modificación que se solicita, co cal perderán a súa vixencia. Os demais seguirán vixentes un ano máis.

Co gallo de evitar un baleiro legal, os artigos denunciados que non teñan cobertura pola disposición legal, manterán a súa vixencia mentres non se substitúan por outros negociados entre as partes interesadas, quedando no demais as relacións entre empresa e traballador/a suxeitas ó que dispoña a lexislación legal vixente aplicable ó caso.

Da denuncia, efectuada conforme o parágrafo primeiro, darase traslado, dentro dos tres derradeiros meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes lexitimadas para negociar.

No caso de non efectua-la denuncia no xeito previsto, este convenio prorrogarase de xeito automático en tódolos seus termos por un prazo dun ano e así sucesivamente mentres non se faga a correspondente denuncia.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria con fins de interpretación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio.

Formarán parte dela os vocais que en representación dos traballadores/as e empresarios asinaron este convenio, e será convocada cando así o solicite calquera das partes.

Artigo 5º.-Partes negociadoras.

Interviñeron na negociación deste convenio, en representación dos traballadores/as, as centrais sindicais CIG, CC.OO. e CIG, e pola parte empresarial, a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería (Feprohos), a Asociación de Salas de Fiestas y Recreativos e a Asociación de Empresarios de Hospedaje de la provincia de Pontevedra (Asehospo).

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Durante os anos 2000 e 2001, a todo traballador/a respectaráselle como condición máis beneficiosa a cantidade que viñera percibindo, en canto fose superior á que resulte por aplicación do presente convenio, excluíndo no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes ós complementos de: antigüidade, manutención e aloxamento, por dereitos adquiridos a 31-12-1997 e transporte mensual, conceptos estes que, ó non entraren no referido cómputo anual, se percibirán con independencia do seu resultado.

Artigo 7º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio, aplicarase o disposto na lexislación e/ou normativa de carácter xeral legalmente vixente en cada momento e aplicable ó caso.

II. Contratacións e cesamentos

Artigo 8º.-Contratacións.

O contrato de traballo poderase realizar de diferentes xeitos establecidos pola normativa laboral vixente en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que recolla a lexislación e conforme a esta, entregando copia deste contrato ó interesado/a.

Cando se formalicen contratos, ó abeiro do artigo 15, letra b) da Lei 1/1995, do 24 de marzo, estes poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses.

Contratos formativos (artigo 11, punto 2, letra c) da Lei do Estatuto dos traballadores (ET). En ningún caso a duración mínima pode ser inferior a 6 (seis) meses nin a máxima superior a 3 (tres) anos e a súa retribución para os anos 2000 e 2001 é a fixada para este tipo de contratos nas táboas salariais anexas deste convenio co nivel 28 (vinteoito), sen complementos, por acordo específico das partes negociadoras.

A partir da data da sinatura deste convenio, nas empresas que en temporada baixa teñan máis de dez traballadores/as, establécese como obrigatorio ter unha porcentaxe mínima do 30% fixos. Cando por aplicación da porcentaxe resultase unha fracción, esta redondearase á alza ou á baixa, servindo como referencia o 0,50.

Artigo 9.-Cesamentos.

O cesamento voluntario por demisión do traballador/a, nos casos que recolle a lei, deberá ser comunicado á empresa de xeito verídico cunha antelación mínima de 15 días á data en que deba producirse.

O incumprimento desta obriga sancionarase por parte da empresa do xeito previsto na lei, norma ou regra vixente en cada momento.

Artigo 10º.-Información sindical.

No cumprimento do disposto no artigo 1 da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e en tanto conserve esta a súa vixencia, a empresa estará obrigada a lles entregar ós representantes dos traballadores/as nela, a documentación á que fan referencia os números 1 e 2 do citado artigo, así como información á que alude o número 3 deste.

Os representantes dos traballadores/as asumen, así mesmo, a obriga de sixilo con respecto ós datos que, en cumprimento das disposicións citadas, obteñan das empresas. O incumprimento desta obriga de sixilo suporá o quebrantamento do segredo profesional.

Artigo 11º.-Liquidacións por cesamento.

A empresa entregará unha proposta de liquidación das cantidades debidas, xuntamente coa comunicación de aviso previo da extinción do contrato ou da súa denuncia, cando o solicite o traballador/a.

Cando o traballador/a o solicite no intre da sinatura do seu recibo de liquidación (anexo III), a empresa permitirá a presencia dun dous seus representantes

e se non o houber, e o traballador/a o solicitara, permitirá a de calquera representante legal.

Se estivese no seu dereito e dentro dos prazos previstos pola lei para iso, o traballador/a poderá efectuar reclamación sobre a súa liquidación, relacionada co período en que prestou os seus servicios na empresa

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

O traballador/a deberá cumprilas instruccións do empresario ou persoa no que este delegue en exercicio habitual e as súas facultades organizativas e directivas, debendo executa-los traballos e tarefas que se lle encomenden, dentro do contido xeral da prestación laboral. Neste sentido, poderá levarse a cabo unha mobilidade funcional no seo da empresa, exercendo como límite para ela o disposto nos artigo 22 e 39 do vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Para estes efectos e mentres non se adaptan as categorías profesionais, acordo coa disposición adicional do presente convenio teranse en conta os grupos profesionais recollidos no acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería, ou ben acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

III. Xornada de traballo, licencias, excedencias e vacacións

Artigo 13º.-Xornada laboral.

A xornada laboral, durante a vixencia deste convenio, fíxase en mil oitocentas horas (1800) de traballo efectivo en cómputo anual para cada un dos dous anos. A promulgación de disposición oficial que varíe a xornada, producirá a súa inmediata aplicación desde a data da súa entrada en vigor, aínda que sen efectos retroactivos.

As empresas facilitaranlles ós representantes dos traballadores/as os cadros horarios laborais xerais cando así o soliciten.

Os excesos no tempo de prestación efectiva, en cómputo anual, compensaranse en tempo libre equivalente ou serán aboados de mutuo acordo entre o traballador/a e a empresa.

Artigo 14º.-Descanso semanal.

O descanso semanal será de día e medio ininterrompido, e o seu desfrute sinalarao a empresa coa suficiente antelación, non podendo ser variado sen consentimento dos afectados/as, agás especiais circunstancias ou necesidades do servicio, mediando, neste caso, aviso ó interesado/a co tempo suficiente. Iso enténdese, sen prexuízo do descanso que teña algún traballador/a recoñecido e que represente mellora con respecto ó aquí regulado que, en todo caso, se respectará.

O/a traballador/a que teña contrato a xornada completa nunha empresa, non poderá presta-los seus servicios en ningunha outra do sector. Facelo sería unha competencia desleal e, polo tanto, falta moi grave.

Artigo 15º.-Licencias.

O/a traballador/a, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a retribución económica, polos motivos e durante o tempo que a seguir se especifica, se asiste ó acto que xustifica tal licencia, e o acredita:

a) 15 días naturais no caso de casamento.

b) 3 días naturais nos casos de nacemento dun fillo/a, se reside na mesma localidade do seu centro de traballo, ampliándose a 5 no caso de que resida a máis de 500 km.

c) 4 días naturais por finamento ou enfermidade grave, accidente grave ou hospitalización de cónxuxe, pais, avós, irmáns e fillos/as do traballador/a, sexa o parentesco por consangüinidade ou afinidade, que se ampliará a 6 días cando o suceso teña lugar a máis de 500 km de distancia do centro de traballo.

d) 1 día natural por enfermidade grave de tíos.

e) 1 día natural por primeira comuñón de fillos/as.

f) 1 día natural por razón de matrimonio de pais, fillos/as, irmáns e tíos, sexa a relación por consangüinidade ou afinidade. Se a voda se celebrase a máis de 500 km do seu enderezo, serán 3 días.

g) Polas horas precisas, e con xustificación visada do médico da Seguridade Social que teña asinado, cando por razón de enfermidade, o traballador/a precise a asistencia ó consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, sempre que a urxencia o determine, tendo neste caso, o traballador/a, que lle comunicar á empresa a dita saída con tempo suficiente de preve-la súa falta.

h) 2 días naturais por finamento de tíos e sobriños, sexa o parentesco por afinidade ou consangüinidade.

i) 2 días naturais polo cambio do seu domicilio habitual, sempre que sexa con traslado de mobles do dito domicilio, debendo xustificarse.

As parellas de feito legalmente recoñecidas terán dereito ó desfrute das licencias anteriormente relacionadas.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais. Gozaranse de xeito ininterrompido se, entre empresa e traballador/a, non acordan o seu fraccionamento, respectándose as máis amplas que por norma, costume ou condición máis beneficiosa viñeran desfrutando en empresas ou grupos de traballadores/as. O seu desfrute deberá efectuarse dentro do ano natural ó que corresponde, sen que caiba a súa compensación en metálico, aproveitando para iso as épocas de menor actividade da empresa.

Os traballadores/as que na data fixada para o comezo das vacacións non tiveran completada unha xornada laboral dun ano de traballo efectivo na empresa, desfrutadas en proporción ó tempo da xornada efectivamente traballada.

De común acordo entre a empresa e o traballador/a, as festas aboables e non recuperables traballadas, poderán acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas como descanso continuado en período distinto. En ámbolos casos respectarase o descanso semanal que corresponda en cómputo anual sen que esta acumulación de festa aboable e non recuperable signifique reducción no tempo de traballo efectivo, que son mil oitocentas horas anuais.

Durante o desfrute das vacacións anuais, o traballador/a percibirá da empresa o salario real polos distintos conceptos retributivos que lle correspondan.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O persoal afectado polo presente convenio coa antigüidade mínima na empresa que recolla a lexislación vixente en cada momento, terá dereito a unha excedencia voluntaria de duración non inferior a un mes nin superior a 5 anos.

Se un mes antes de remata-la excedencia, o traballador/a solicitará a súa reincorporación, a empresa obrígase a readmitilo ó remate desta, sempre que existira vacante, e neste caso, coa mesma antigüidade que a que tiña recoñecida ó inicio da concesión da excedencia.

Ata transcorridos 4 anos desde o remate do desfrute desta excedencia voluntaria á que ten dereito, o traballador/a non poderá solicitar outra excedencia.

O traballador/a que durante o desfrute da excedencia exerza actividade que concorra coa empresa ou lle faga competencia, agás que a actividade profesional se leve a cabo no estranxeiro, perderá o seu dereito de reincorporación a esta.

IV. Seguridade e saúde

Artigo 18º.-Comedores e vestiarios.

As empresas que dean manutención a persoal por dereitos adquiridos antes do 31-12-1997 ou mentres non remate o seu contrato se foi asinado antes desa data, facilitaranlles un lugar digno e axeitado para uso como comedor deses traballadores/as, que o manterán limpo e en perfectas condicións de utilización.

En iguais condicións disporán de vestiarios e duchas.

Artigo 19º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores/as afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de someterse ó máis amplo e detallado recoñecemento médico, polo menos, unha vez ó ano, en data que determinará a empresa e de acordo cos representantes dos traballadores/as, se os houbese; non será por conta a cargo dos traballadores/as o custo do citado recoñecemento.

V. Dereitos sindicais de representación

Artigo 20º.-Organización sindical dos traballadores/as na empresa.

As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados no seu seo, como elementos básicos para canaliza-las relacións entre traballadores/as e empresa.

Na súa consecuencia, as empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores/as que o desexen a sindicárense libremente, non sendo iso un obstáculo para a súa contratación.

As empresas recoñecen o dereito dos traballadores/as afiliados/as a un sindicato a realizaren xuntas, recadaren cotas e distribuíren información sindical fóra das horas e lugar de traballo e sen perturbaren a normal actividade da empresa.

En tódalas empresas de máis de 25 traballadores/as, deberá existir un taboleiro de anuncios no que os sindicatos debidamente implantados nela poderán dar publicidade, informacións e comunicacións non contrarias á lei ou que danen e/ou prexudiquen a empresa.

Artigo 21º.-Representantes dos traballadores/as.

Os comités de empresa e delegados/as de persoal terán os dereitos, facultades e obrigas que sobre a materia determine a lexislación vixente en cada momento.

Artigo 22º.-Garantía dos representantes dos traballadores.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio legal das súas funcións se a causa do despedimento ou sanción se basea precisamente neste exercicio legal da súa representación, nin por tal causa, no ano inmediatamente seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión.

Se o despedimento ou sanción por faltas moi graves ou graves obedecera a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, ademais do interesado, o comité de empresa ou os restantes delegados/as de personal, se os houber.

Os citados representantes dos traballadores/as non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desenvolvemento da súa representación.

Artigo 23º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados/as de persoal poden dispor dun crédito de horas mensuais, retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, que xustificarán ante a empresa, conforme a seguinte escala fixada en función do número medio de traballadores/as do centro de traballo respectivo:

-Ata 50 traballadores/as: quince (15) horas en total.

-Máis de 50 traballadores/as: vinte (20) horas en total.

As horas establecidas para os delegados/as sindicais serán acumuladas durante o ano en cómputo semestral, procurando que durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, se realice o menor número de actividades sindicais.

Non se computarán dentro do crédito anual máximo legal o exceso do tempo que sobre el se produza con motivo da designación dos delegados/as de personal ou membros do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios polo ámbito de aplicación dos cales se atopen afectados a empresa e os representantes sindicais, sempre que se utilicen para asistir á realización de sesións oficiais de tales negociacións e se lle notifique con tempo suficinte á empresa as datas de tales reunións co gallo de preve-la súa falta do posto de traballo.

VI. Salario e complementos

Artigo 24º.-Salario.

O salario bruto base mensual para os traballadores/as afectados por este convenio durante o ano 2000 é o do nivel salarial que lle corresponde á súa categoría profesional, dentro da que teña o establecemento no que traballe e segundo a sección á que pertenza o dito establecemento, de acordo coas táboas salariais por niveis anexas (anexo III), que se obtiveron incrementando as do ano 1999 o 2,75%.

Para o ano 2001, o salario bruto base mensual para os traballadores/as afectados por este convenio, será o resultante de lles incrementar ás táboas salariais de 2000 o IPC previsto polo Goberno para ese ano 2001.

O salario hora calcularase do seguinte xeito:

Salario bruto anual, entendéndose como bruto a inclusión do complemento de antigüidade a quén polo estipulado neste convenio lle correspondería percibilo, dividido entre 1.800 horas.

(s.b.a. (+a))

=salario hora

1.800

Artigo 25º.-Revisión salarial.

No ano 2001, tan pronto se coñeza a cifra real do IPC a 31 de decembro do 2000, se este superase o aplicado como suba nas táboas salariais, no importe correspondente ó complemento de antigüidade polos dereitos adquiridos dese ano, e no complemento de transporte, os tres conceptos revisaranse e regularizaranse conforme a este, con efectos retroactivos a 1-1-2000.

No ano 2002, tan pronto se coñeza a cifra real do IPC a 31 de decembro do 2001, se este superase o aplicado como subida nas táboas salariais, no importe correspondente ó complemento de antigüidade polos dereitos adquiridos dese ano, e no complemento de transporte, os tres conceptos revisaranse

e regularizaranse conforme a este, con efectos retroactivos a 1-1-2001.

Artigo 26º.-Garantía de salario mínimo.

Se como consecuencia da modificación legal da contía dos salarios mínimos interprofesionais, os traballadores/as dalgunha categoría percibirán, en cómputo anual, retribucións inferior ás que lles correspondería pola aplicación daqueles, procederase a adapata-la súa retribución ó novo importe desde a mesma data de entrada en vigor da citada modificación legal.

Artigo 27º.-Gratificación extraordinarias.

Establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días 15 de cada un dos meses citados, polo contía dunha mensualidade de salario base cada unha, máis de se-lo caso, o mesmo importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos do traballador/a que o viñera percibindo.

O traballador/a que non teña un ano de traballo efectivo ó servicio da empresa, cobrará estas gratificacións proporcionalmente ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 28º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 0 e as 8 horas terán consideración de nocturnas e, consecuentemente retribuiranse cun incremento do 25% sobre a contía do salario base derivado das táboas salariais do anexo I, agás no caso dos empregados que fosen contratados especificamente para desempeñar ese traballo nesas horas.

Artigo 29º.-Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade percibirano unicamente aqueles traballadores/as que á entrada en vigor deste convenio o teñan recoñecido nas súas nóminas como complemento de antigüidade por dereitos adquiridos a 31-12-1993, o que se incrementará durante a vixencia do presente convenio co 2,75% no 2000 e o IPC previsto para o ano 2001.

Os traballadores/as que non tiveran recoñecido en nómina dito complemento con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1994, non a xerarán.

Artigo 30º.-Persoal con dereito a manutención e aloxamento.

O persoal que a 31-12-1997 tivera recoñecido na súa nómina ou contrato de traballo o dereito a manutención e/ou aloxamento, continuará desfrutandoo en iguais condicións que ata esa data ou ata que lle remate o contrato temporal, no caso de telo asinado antes dela, se non se acorda a súa modificación entre empresario e traballador/a. Aqueles que non tiveran recoñecido tal dereito non o xerarán.

Artigo 31º.-Manutención e aloxamento.

Toda persoa que a 31-12-1997 teña na súa nómina o dereito recoñecido a unha manutención e/ou aloxamento, seguirá mantendo este dereito nas mesmas condicións en que estivo ata entón sen ningunha variación, mentres continúe nesta empresa.

O importe mensual en metálico por cada un dos citados complementos, para aqueles que tiveran ese dereito adquirido a 31-12-1997, establécese:

-Por manutención: 4.595 ptas. (catro mil cincocentas noventa e cinco).

-Por aloxamento: 266 ptas. (duascentas sesenta e seis) mensuais.

Aqueles que a 31 de decembro de 1997 non tivesen recoñecido este dereito na súa nómina, non a adquiriran a posteriori, polo que a empresa que non lle dea a manutención ós traballadores/as, sempre que estes non teñan xornada continuada, establecerá un tempo de dúas horas entre saída dunha quenda e entrada doutra para o xantar. Os de quenda seguida disporán para o xantar, do tempo que marque a lei en cada momento.

VII. Outras retribucións

Artigo 32º.-Complemento de transporte.

Todos e todas os traballadores/as do sector percibirán no ano 2000 un complemento de transporte en contía de 350 pesetas, por día efectivo de traballo, sexa o seu contrato a tempo parcial ou a tempo completo. Este importe incrementarase para o ano 2001 no IPC previsto.

Artigo 33º.-Complemento por IT.

Cando o traballador/a teña unha antigüidade mínima na empresa de seis meses e cause baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, sempre que a empresa non contrate outro traballador/a para substituílo durante o período da súa baixa, a partir do décimonoveno día de baixa a empresa obrígase mentres estea en vigor o seu contrato de traballo, e polo período máximo de dezaoito (18) meses, a completar no salario que aboe a Seguridade Social segundo a base de cotización ata o 100% do importe do salario deste convenio a excepción dos complementos de: antigüidade por dereitos adquiridos, que será aboada polo 75% da súa base de cotización, e extra salariais que non se aboarán, excepto aquelas gratificacións especiais que reciba o traballador/a mensualmente de maneira ininterrompida desde antes do 31-12-1990 e polas que a empresa cotiza á Seguridade Social, que se aboarán na maneira acostumada ó 100%.

No suposto de enfermidade profesional, accidente laboral ou hospitalización do traballador/a, a empresa, mentres estea en vigor o seu contrato de traballo, e polo período máximo de dezaoito (18) meses, aboará o citado complemento desde o primeiro día da baixa nos dous primeiros casos, ou desde o día da hospitalización e namentres dure esta no terceiro, sen ter en conta a contratación de suplentes.

Artigo 34º.-Xubilación.

Todo o persoal afectado polo presente convenio pasará, ó cumpri-los 65 anos de idade, sempre que teña acreditados 15 anos de cotización á Seguridade Social na súa vida activa, á situación de xubilación ou causara baixa na empresa. No caso de non ter cotizados os 15 anos, a xubilación ou baixa será á vontade do traballador/a ata a data na que acredite

os citados 15 anos ou alcance a idade de xubilación obrigatoria por lei.

Os traballadores/as en activo que teñan cumpridos os 65 anos quedan incursos neste artigo.

As empresas que reduzan os seus postos de traballadores fixos por xubilacións obrigatorias ós 65 anos, cubrirán cada posto de baixa con outro traballador/a, polo menos durante 3 meses ó ano, sempre que a situación económica da empresa o permita.

Ós traballadores/as que cesen na empresa por invalidez permanente ou finamento, neste suposto baixo as condicións que se indicarán, ou por xubilación ó cumpriren 65 anos, neste caso se non crean ningún tipo de conflicto para dilatala ou evitala, aboaráselles como premio en función dos anos acreditados de permanencia nela, os seguintes importes:

-De 5 a 9 anos, 1 mensualidade.

-De 10 a 14 anos, 2 mensualidades.

-De 15 a 19 anos, 3 mensualidades.

-Con máis de 20 anos, 4 mensualidades e 1 mensualidade máis por cada 5 anos que excedan dos vinte de referencia.

No caso de finamento, será preciso para o aboamento á súa viúva/o, ou ós seus fillos menores de 18 anos ou maiores de tal idade incapacitados para o traballo, que o traballador/a contase polo menos con cincuenta e cinco anos de idade e levase, como mínimo, 10 anos de servicio ininterrompido na empresa no momento da súa morte.

O importe das mensualidades farase efectivo sobre o salario mensual do traballador/a estando en activo no intre do seu finamento, e se en tal data se atopase en situación de baixa por IT, invalidez provisional, ou calquera outro motivo da saúde, calcularase sobre o salario base mensual que lle correspondería percibir de atoparse en activo.

Se o traballador/a causa baixa de xeito voluntario ós 64 anos, recibirá, á parte do que lle corresponda polos seus anos de servicio na empresa, unha mensualidade máis e se o fixer ós 63 anos, dúas mensualidades mais.

VIII. Outras disposicións

Artigo 35º.-Réxime disciplinario para o acos sexual.

Todo comportamento ou conducta, nun ámbito laboral, que atente contra o respecto da intimidade e dignidade da muller ou do home, mediante a ofensa, física ou verbal, de carácter sexual, considerarase falta moi grave. Se tal conducta ou comportamento se leva a cabo valéndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante daquela. O feito de contribuír á divulgación do feito, considerarase igualmente falta moi grave.

Artigo 36º.-Dereitos lingüísticos e normalización do galego.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores/as fomentarán o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións coas

administracións públicas en Galicia. Por esta razón, este convenio asínase en exemplares bilingües.

Disposición adicional

Co gallo de efectua-la reorganización das categorías profesionais para que estas entren en vigor o vindeiro día 1 de xaneiro do ano 2001, a comisión paritaria xuntarase antes de finais de 2000.

As partes negociadoras do presente convenio acordan que, antes do 31 de decembro de 2000 e en reunión da comisión paritaria, se adaptarán as categorías profesionais á normativa vixente e se modificará, se é o caso, a descrición dos establecementos recollidos no anexo IV, co obxecto de incluír, se os houber, os que non estivesen.

Tanto a adaptación de categorías como a descrición de establecementos, entrarán en vigor o vindeiro día 1 de xaneiro de 2001.

ANEXO I

Casinos recreativos, salas de festas e salóns recreativos

Serán de aplicación ás actividades desenvoltas polas empresas deste epígrafe o establecido neste convenio provincial de hostalería, agás os artigos 27º gratificacións extraordinarias, 30º persoal con dereito a manutención e aloxamento e 34º xubilación.

Ademais, para este tipo de establecementos rexerán as cláusulas A, B, C, D e E máis abaixo indicadas.

A) Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal que preste o seu servicio nos casinos recreativos, sociedades recreativas, e salóns recreativos, terá dereito ó percibo, ademais das gratificacións extraordinarias preceptivas de xullo e Nadal, a unha paga extraordinaria o día 31 de xaneiro e o día 31 de outubro de cada ano, sendo distinción de categorías nin actividades.

As referidas gratificacións aboaranse sobre unha mensualidade de salario real cada unha, entendéndose por isto, o salario base máis tódolos complementos retributivos que normalmente veñan percibindo os traballadores/as, ben entendido que no dito cómputo non entra o complemento de transporte.

As salas de festas aboarán estas pagas nas condicións do convenio xeral.

As ditas gratificacións extraordinarias poderán ser compensadas e absorbidas pola empresa en cómputo anual con aqueloutras gratificacións extraordinarias que voluntariamente viñeran aboándoselles ós traballadores/as destas empresas.

B) Antigüidade.

Os traballadores/as que á data de entrada en vigor do presente convenio viñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüidade, seguirán percíbindoa, incrementada no IPC previsto de cada un dos anos de vixencia deste convenio, figurando na súa nómina o mesmo concepto de complemento de antigüidade que figuraba antes.

O resto do texto do artigo 29º é integramente válido para os traballadores/as destas empresas.

C) Xubilación.

Todo traballador/a que cese na empresa tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permantente, e que teña máis de 5 anos de vinculación á empresa, esta aboaralle o equivalente a 2 meses de salarios, e se leva máis de 10 anos, aboará un total de 6 meses.

Esta cantidade percibiraa a/o viúva/o se o/a traballador/a falece antes de xubilarse e cumprira no intre da súa morte os 55 anos e levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no intre da súa morte, e no seu defecto os orfos menores de 18 ou máis de 18 anos se están incapacitados para ó traballo.

D) Categorías.

Establécense como específicas do sector as categorías laborais señaladas nos establecementos da sección 6ª, as cales terán o nivel salarial alí sinalado.

E) Xornada laboral.

Recoñécese expresamente que no sector de salas de festas, discotecas e salas de espectáculos, a xornada laboral é parcialmente nocturna.

ANEXO II

Comunicación de cesamento

En con data

Sr. Don/Dona.

Moi Sr./Sra. noso/a:

Conforme o estipulado no artigo 11º do vixente convenio provincial de hostalería aplicable ó caso e dando cumprimento ó establecido pola lei, máis abaixo amosámoslle a proposta de liquidación das cantidades que lle corresponde recibir pola rescisión da súa relación laboral coa nosa empresa, co fin de que sexa examinada por vostede, ó tempo que o informamos de que pase pola nosa oficina para os efectos de cobra-lo importe da referida liquidacións que nese momento deberá asinar.

ConceposImportes

Total líquido para percibir.

Sen outro particular e agradecéndolle a sinatura do informado desta comunicación, para os efectos de acredita-la súa recepción, saúdamolo atentamente,

Recibín e informado

Asdo.

ANEXO III

Comunicación de liquidación

Don/Dona.

Recibín de, a cantidade

pesetas, segundo o detalle máis abaixo indicado, co importe do cal quedo totalmente saldado/a e finiquitado/a, non quedándome por tanto nada adebe

dado pola empresa na que con esta data causo baixa, non asistíndome, ningún dereito a formular posteriores reclamacións.

Desglose da liquidación por conceptos aboables.

ConceptosImportes

Total líquido para percibir

Lugar e data

Recibín conforme

Fdo.

ANEXO IV

Descrición de establecementos por seccións

Sección 1ª.-Hoteis e balnearios, de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas.

Sección 2ª.-Hostais, pensións, fondas e casas de hóspedes, de 3, 2 e 1 estrelas.

Sección 3ª.-Restaurantes, hamburgueserías, pizzerías, self servicies de hostelaría y similares de 5, 4, 3, 2 e 1 tenedores.

Sección 4ª.-Cafeterías de 3, 2 e 1 cunca.

Sección 5ª.-Bares, cervexerías, chocolaterías, bares americanos e whiskerías 1ª, 2ª e 3ª/4ª.

Sección 6ª.-Salas de festas, discotecas, etc., de categoría única.

Sección 7ª.-Casinos, sociedades recreativas e salóns recreativos de 1ª/2ª e 3ª/4ª.

Sección 8ª.-Billares de categoría única.

Táboas 2000

Nivel

1154.785

2149.166

3146.300

4141.141

5138.847

6137.128

7134.835

8132.542

9129.675

10127.382

11125.089

12123.369

13121.076

14118.783

15115.916

16113.623

17111.904

18109.038

19107.317

20105.024

21102.731

22100.438

23 97.572

24 95.279

25 93.559

26 90.692

27 56.296

28 72.554