Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de setembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 00/000050-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada delegación territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 00/000050-5.

Denunciado: Jesús Corbacho Ferrari.

DNI: 36.048.781F.

Enderezo: Retama, 6 Cangas.

Precepto infrinxido: 6.7º, 6.12º.

Sanción: 71.000 ptas./426,72 euros.

Nº de expediente: PESAN1 00/000067-5.

Denunciado: Óscar Abal Lores.

DNI: 35.322.004F.

Enderezo: Pincho, 3 Estribela-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.5º, 6.9º.

Sanción: 275.000 ptas./1.652,78 euros.

Nº de expediente: PESAN1 00/000148-5.

Denunciada: Milagros Gutiérrez Gregorio.

DNI: 76.807.644.

Enderezo: Viso-Vilariño, 17 Cangas.

Precepto infrinxido: 6.14º.

Sanción: 78.000 ptas./468,79 euros.

Nº de expediente: PESAN1 00/000174-5.

Denunciado: Gustavo Adolfo Torre Almon.

DNI: 36.134.329H.

Enderezo: Santo Domingo, 10 G Vigo.

Precepto infrinxido: 6.10º.

Sanción: 25.001 ptas./150,26 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 7 de setembro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo