Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle no ámbito das rúas Vía Norte, Pino e San Xosé (expediente 5824/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 3 de agosto de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle no ámbito das rúas Vía Norte, Pino e San Xosé (expte. 5824/411), presentado por Manuel Lorenzo Muradas e Hijos, S.A. y Otros, con datas do 24 de febreiro, 29 de marzo e 2 de xuño de 2000, e redactado polos arquitectos Tomás Pérez Lorente Quirós e Francisco Yáñez Ulloa, e visado polo COAG con datas do 22 de febreiro e do 30 de xuño de 2000.

Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.

O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 8 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo