O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 20 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle referente ás parcelas C, D, F, G, e Q do polígono nº 42 do PERI do Calvario (expte. 6090/411) aprobado definitivamente con data do 28 de decembro de 1999, presentado pola xunta de compensación do polígono, redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, e visado polo COAG con data do 31 de maio de 2000.
Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.
O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei e réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 6 de setembro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo