Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana na parcela sede das organizacións sindicais e empresariais (rúa Xeneral Pardiñas, esquina coa República de El Salvador).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 29 de xuño de 2000, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana na parcela sede das organizacións sindicais e empresariais (rúa xeneral Pardiñas, esquina coa república de El Salvador).

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 209, o día 11 de setembro de 2000, o texto íntegro da normativa, obxecto de modificación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde