Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de criterios compositivos das fachadas nas parcelas C1, C2, C3.1, C3.2 e C4 do SUP-4 de Conxo.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 29 de xuño de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de criterios compositivos das fachadas nas parcelas C1, C2, C3.1, C3.2 e C4 do SUP-4 de Conxo.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 203, o día 4 de setembro de 2000, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde