Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 6 de setembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolución de recurso de alzada do expediente sancionador PO-0444-1999.

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de noviembre), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado de seguido atópase á disposición dos intereados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4-Vigo.

Nº de expediente: PO-0444-1999.

Denunciado: Sebastián Area Santiago.

Enderezo: Jaime Janer, 139-2ª GD Marín-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 7.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 1 de marzo de 2000.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

De conformidade co disposto na orde de Económía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta: Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo, Pontevedra. C/C número 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De no seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constriximento regulamentaria.

Vigo, 6 de setembro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo