Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xullo de 2000 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal da Capela (A Coruña), Escola de Música Municipal A Fábrica de Oleiros (A Coruña) e a Escola de Música Municipal de Campo Lameiro (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 161, do luns 21 de agosto de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 12.082, no enunciado da orde, onde di:

«Orde do 18 de xullo de 2000 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal da Capela (A Coruña), Escola de Música Municipal A Fábrica de Oleiros (A Coruña) e a Escola de Música Municipal de Campo Lameiro (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música».

Deberá dicir:

«Orde do 18 de xullo de 2000 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal da Capela (A Coruña), Escola de Música Municipal A Fábrica de Oleiros (A Coruña) e a Escola de Música de Campo Lameiro (Pontevedra) no Rexistro de Escolas de Música.»

No parágrafo terceiro, onde di:

«Presentadas as solicitudes de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polos concellos de Oleiros (A Coruña), A Capela (A Coruña) e Campo Lameiro (Pontevedra)...».

Deberá dicir:

«Presentadas as solicitudes de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polos concellos de Oleiros (A Coruña), A Capela (A Coruña) e pola Asociación Unión Cultural de Campo Lameiro (Pontevedra)...»

No punto primeiro, onde di: «Escola de Música Municipal de Campo Lameiro».

Deberá dicir: «Escola de Música de Campo Lameiro».

Na páxina 12.083, no anexo, nas liñas vintedúas, vintetrés e vintecatro, onde di:

«Denominación específica: Escola de Música Municipal de Campo Lameiro.

Titular: Concello de Campo Lameiro».

Deberá dicir:

«Denominación específica: Escola de Música de Campo Lameiro.

Titular: Asociación Unión Cultural de Campo Lameiro.»