Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/186-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Espiñaredo.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. de 95 mm Al que parte da L.M.T. Tambre-Muros e final no C.T. de pé de poste en Espiñaredo-Serres, de 160 kVA, e axustamento en baixa tensión. Concello de Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de setembro de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións