Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de augas minero-medicinais e termais do manancial denominado Río Caldo número 60, no termo municipal de Lobios (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer que Gestión de Balnearios, S.L., solicitou a declaración de augas minero-medicinais e termais do manancial sito en Río Caldo, Lobios (Ourense).

O que se fai público de acordo co disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agos

to, e o artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, da Xunta de Galicia.

Ourense, 1 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense