Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, do 11 de setembro de 2000, acordouse:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan parcial promovido por Complexo Moas, S.L., no predio da súa propiedade de 39.306,18 m, en Lóngara, Benquerencia.

Segundo.-Sometelo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no periódico El Progreso de Lugo; durante o dito período, que empezará a

contarse desde o día seguinte ó da inserción do correspondente aununcio no Diario Oficial de Galicia, quedará o expediente na secretaría do concello á disposición de calquera que queira examinalo e formula-las alegacións pertinentes, notificándoselles individualmente ós afectados, propietarios de terreos incluídos no ámbito do plan.

Terceiro.-Declara-la suspensión do procedemento de outorgamento de licencia de parcelación, edificación e demolición no ámbito territorial do Plan parcial, xa que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente; esta suspensión extinguirase polo transcurso do prazo dun ano e, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Barreiros, 11 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado