Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Arbo (Pontevedra).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 2/2000.

2. Obxecto.

É obxecto deste concurso con procedemento aberto o alleamento mediante permuta pública dun soar de 700 m, polo semisoto dunha edificación que se construirá no referido lugar.

Precio: 9.841.375 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria

b) Precedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación.

b) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Os esixidos polas cláusulas 6 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Arbo.

-Entidade: Concello de Arbo.

-Domicilio: praza Consistorio nº 1.

-Localidade: Arbo 36430.

d) Prazo durante o que o licitador queda na obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día de apertura das propostas.

7. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O quinto día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de presentación de proposicións, ás 11 horas, na sede do concello.

8. Outras informacións.

1. A Comsión de Goberno aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón ó público para os efectos previstos polo artigo 122 do R.D.L. 781/1986, polo prazo de oito días hábiles.

2. O modelo de proposición: axustarase á correspondente que figura no prego de cláusulas administrativas.

9. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Arbo (secretaría).

b) Domicilio: praza Consistorio nº 1.

c) Localidade: Arbo 36430.

d) Teléfono: 986 66 50 00.

e) Telefax: 986 66 50 11.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Arbo, 6 de setembro de 2000.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde-presidente